Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Tercera Información
Formacion

Revista Axitación

Afíliate!!

banner apostasia

Novas Movilizacións dos Traballadores de Atento. PDF Imprimir
Luns, 18 Xuño 2007 17:00

            No pasado mes de Marzo tivo lugar o despido de 179 traballadores da empresa Atento na ciudade de A Coruña. Ante estos despidos claramente ilegáis e a ameaza velada de deslocalización que pesaba sobre a empresa os compañeiros dos despedidos protagonizaron unha serie de movilizacións de protesta solicitando a readmisión dos 179 traballadores. A única resposta que recibiron foi a da “man dura”, sendo reprimidas diversas concentracións por orde da por aquel entón subdelegada do goberno na ciudade, Obdulia Taboadela (actualmente concelleira polo PSdG-PSOE no Concello de A Coruña), o que non puido impedir que esta serie de movilizacións acabara cunha gran manifestación de máis de catro mil persoas onde ós traballadores da empresa sumáronse os funcionarios moitos máis cidadáns que demostraron así o seu apoio ós despedidos.

 

   

        A estas movilizacións acudiron diversos colectivos da cidade, entre eles a Xuventude Comunista Galega. Na sua conferencia de volta ó X Congreso a XCG aprobou por unanimidade unha declaración de apoio os traballadores de Atento.

 

            Actualmente estánse a celebrar os xuizos reclamando a nulidade ou improcedencia destes despidos. É por iso que o comité de empresa de Atento decidíu volver a movilizá-los traballadores. A Xuventude Comunista Galega fai un chamamento a toda la mocidade coruñesa pra que acuda a estas movilizacións, pra loitar contra un despido claramente ilegal, pra evita-la deslocalización desta empresa que deixaría no paro a máis de mil persoas e pra apoiar a tódolos traballadores dea empresa na loita que están a levar a cabo.

 

ATENTO EN LOITA

DESPEDIDOS READMISIÓN

CON PRECARIEDADE NON HAI DEMOCRACIA

 

Calendario de Movilizacións:

 

Xoves 21 de Xuño: ás 11:30 concentración diante dos xulgados.

Xoves 28 de Xuño: saída desde Atento ás 10:00 pra realizar ás 10:15 unha concentración diante dos xulgados.

Luns 2 de Xullo: ás 11:30 concentración diante dos xulgados.

Martes 3 de Xullo: saída desde Atento ás 11:00 pra realizar ás 11:30 unha concentración diante dos xulgados.

Xoves 5 de Xullo: Saída desde Atento ás 10:30 pra realizar ás 10:45 unha concentración diante dos xulgados.

 

RESOLUCIÓN DA XCG EN APOIO OS TRABALLADORES DE ATENTO

 

A Xuventude Comunista Galega denuncia o despido de 179 traballadores da empresa “Atento”, filial de Telefónica, na cidade da Coruña. Estes despidos están enmarcados claramente nun proceso de deslocalización da empresa que, inda que negado pola dirección da mesma, se está a producir, contando o comité de empresa con numerosas probas do mesmo.

            Queremos denunciar tamén a represión policial sufrida polos traballadores nas súas movilizacións, represión violenta ordeada directamente pola anterior Subdelegada do Goberno, Obdulia Taboadela, quen dimitíu recentemente co fin de presentarse na lista electoral do PSdG-PSOE para o Concello da Coruña.

            A Xuventude Comunista Galega apoía a tódolos traballadores de Atento nas súas xustas reivindicacións, e participou e participará en tódalas movilizacións que fagan.