Afíliate!!
Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Tercera Información
A FMMD ante o golpe de estado en Honduras.

 


 

A Federación Mundial da Mocidade Democrática, recibiu con preocupación as noticias sobre o Golpe de estado que se produciu en Honduras, polas forzas Armadas dese país, co apoio da oligarquía imperialista que non se resiste a aceptar os procesos de cambios que vén dando e que conta co amparo das transnacionais.

Ler máis...
 
Conclusións sobre as eleccións europeas.

 

 

As eleccións europeas reflicten a realidade política da Europa actual. A dereita no seu conxunto, chámese como se chame, é a opción máis votada, con avances da extrema dereita nominal nalgún país ou a través de organizacións que, sen ser cualificadas de extrema dereita, o son polos seus programas reaccionarios e xenófobos. Sen ir máis lonxe, este é o caso da liga Norte en Italia. O centro, maioritariamente a socialdemocracia, sofre un forte retroceso, habendo neste sector diferencias importantes entre uns e outros dos seus compoñentes.

Ler máis...
 
A folga do metal, verdades e mentiras.

A razón sempre existíu,

Pero non sempre nunha forma razonable

Karl Marx

 

  • ORIXE DO CONFLITO. QUE PIDEN OS TRABALLADORES

A orixe do conflicto, como en anteriores ocasións, volta a estar na negociación do novo convenio. A patronal pretende esconderse na crise capitalista, provocada por eles e o seu libre mercado, para arañar unha merma de dereitos no sector. Os tres sindicatos teñen unha proposta unitaria, disposta para a negociación pola súa banda as diferentes patronais son incapaces de artellar unha proposta conxunta e converxen na idea de restar dereitos aproveitando a coxuntura. Mentras os traballadores plantexan un convenio de duración curta de transición no 2009 e voltar a negociar no 2010, a patronal petrende un convenio longo con conxelación salarial e sen tocar a duración do cómputo de xornada anual. A vontade negociadora dos traballadores está ampliamente contrastada pola aceptación de numerosas rebaixas na táboa reinvindicativa inicial, algo inexistente na postura patronal.

Ler máis...
 
Integrámonos na rede Praza Vermella.

 


 

Praza Vermella é unha iniciativa particular de Ceros a la Izquierda e ceronegativo que pretende ser un punto de encontro das páxinas web de Esquerda Unida e a súa contorna. Se xestionas a páxina dunha agrupación, asemblea, colectivo, grupo municipal, área, secretaría ou federación estás convidado.

Ler máis...
 
O martes 9: tod@s á rúa en apoio do metal!

Reproducimos o comunicado dos compañeiros da CIG:
 
Sairá do cruce de Gran Vía con Urzáiz e rematará na Praza da Estrela.
 
O martes 9 de xuño ás oito da tarde terá lugar unha manifestación na cidade de Vigo, convocada por CIG, CCOO e UGT, en solidariedade coa loita do Metal e en apoio aos milleiros de traballadores que despois de seis xornadas de folga continuarán nesta semana cunha nova convocatoria de folga, que desde o mércores será indefinida e que o venres esta folga terá carácter xeral polo que están chamadas todas as empresas do sector, mesmo aquelas que teñen convenio propio. A continuación reproducimos un folleto que vai ser repartido nos centros de traballo, chamando á convocatoria desta manifestación, que sairá ás oito da tarde do cruce de Gran Vía con Urzáiz e que rematará na Praza da Estrela.
 
Ler máis...
 
En apoio ao camarada José Antonio Barroso.

 


 

A Xuventude Comunista quere manifestar o seu absoluto apoio ao compañeiro e camarada José Antonio Barroso, militante de EU e do PCE e Alcalde de Puerto Real.

Acusado de inxurias ao rei, consideradas un "delito contra a Constitución", o xuíz impúxolle unha sanción de 6800 €. Pero non condenan a Barroso por insultar. Barroso é condenado por dicir a verdade, por atreverse a destapar o veo de ignorancia mediática e servil que envolve a realidade política e histórica da familia que ten en propiedade a xefatura do estado a perpetuidade. E como el mesmo dixo á saída da Audiencia Nacional, a loita para que os pobos de España saiban a verdade sobre a monarquía non pode ser freada en ningún tribunal.

Ler máis...