A XC no 9º Encontro de Organizacións Xuvenís Comunistas Europeas

Imprimir
PDF

9º Encontro de Organizacións Xuvenís Comunistas Europeas

Durante a fin de semana dos días 3 e 4 de decembro, tivo lugar en Praga o 9º Encontro de Organizacións Xuvenís Comunistas Europeas. Convocado pola KSM (Xuventude Comunista da República Checa), a XC estivo representada no evento por un camarada do noso Comité Central.

Baixo o lema “20 anos despois da contra-revolución e a caída do Socialismo en Europa e as súas consecuencias para a xuventude. O futuro da xuventude é o Socialismo”, a idea do encontro é intercambiar experiencias nun antiguo país socialista, xusto no 20 aniversario do inicio da contra-revolución europea e a caída do Socialismo na Unión Soviética.

Así, os temas de discusión dividíronse en dous bloques:

- Primeira Sesión: Debate sobre as consecuencias da caída do Socialismo tanto nos países comunistas como nos capitalistas (recortes de dereitos, crise capitalista, anticomunismo, situación do movemento internacional, etc.), e a loita actual das xuventudes comunistas contra estas políticas (organización, orientación, metas, etc.).

- Segunda Sesión: Debate sobre a construcción do Socialismo no século XX, o papel da URSS e doutros países socialistas, sobre as causas da contra-revolución e a caída do Socialismo en Europa, e as perspectivas da actual loita polo Socialismo.

Podedes ler unha das intervencións da XC no marco do encontro na seguinte ligazón (castelán).