A Igrexa tamén é violencia

Imprimir
PDF

Na madrugada do 25 de Novembro, a estatua de Benedicto XVI en Compostela apareceu pintada de cor morada, simbolizando que a violencia patriarcal non é so a agresión física, tamén o é homenaxear a cabeza visíbel da Igrexa católica, institución que pretende coartar a liberdade sexual da muller e que fomenta o terrorismo machista, como puidemos comprobar recentemente coas declaracións do Arcebispo de Granada, que literalmente dixo que “se a muller aborta, o varón pode abusar dela”.


Hoxe máis que nunca, é necesario ocupar a rúa e responder a calquera forma de agresión, sexa esta tanto directa - física ou psicolóxica -  como simbólica - perpetuando o rol tradicional da muller.

 

FRONTE A VIOLENCIA MACHISTA, AUTODEFENSA FEMINISTA.

Se nos agriden, haberá resposta.