Apostata con nós!

Imprimir
PDF

Apostata con nós!

Apostata con nós! Descarga o documento aqui e enviao xunto cunha copia do DNI compulsada ao teu bispado. A continuación dicímosche todo o que tes que facer:

Información sobre a apostasía.

A Igrexa católica e outras confesións cristiás aprovéitanse da tradición secular de celebrar os nacementos para incrementar de forma ilexítima a súa implantación social. A ausencia de alternativas laicas para celebrar este tipo de acontecementos favorece a perpetuación dos ritos relixiosos. Para a Igrexa católica, o acto formal do bautizo non é unha simple celebración, é un "sacramento" que implica o ingreso da persoa recén nada na devandita comunidade relixiosa, o que ocasiona que moitos cidadáns e cidadás atópense formando parte dunha confesión que xamais escolleron e que non se corresponde coas súas ideas.

 

Que é a apostasía?

A apostasía é o procedemento polo cal se abandona a pertenza á Igrexa católica despois de entrar a formar parte dela mediante o bautismo.

A declaración de apostasía é o único medio que a Igrexa católica, en principio, recoñece para que unha persoa bautizada deixe de pertencer a ela de forma voluntaria, xa que apartar da práctica relixiosa en ausencia dunha manifestación formal de abandono da Igrexa non comporta para a Igrexa ningunha situación especial.

Con todo, vén sendo unha práctica habitual por parte da Igrexa católica negarse ou pór trabas á aceptación das declaracións de apostasía. Convén entón recorrer á Axencia Española de Protección de Datos para que esta obrigue (en cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos) á Igrexa católica a que suprima de tódolos seus rexistros os datos da persoa que así o solicite (todas as últimas resolucións da Axencia así o fan).

 

Pasos a seguir para apostatar:

  1. Enche cos teus datos o modelo de “Declaración de apostasía” que se inclúe neste documento.

  2. Realiza unha fotocopia do teu DNI e lévaa á unha comisaría da Policía Nacional pidindo que cha compulsen (iste proceso é totalmente gratuito).

  3. Envía a túa declaración de apostasía xunto ca copia compulsada do teu DNI ó bispado/arcebispado através dunha oficina de Correos, certificada e con acuse de recibo (aproximadamente uns 3€).

  4. Ao cabo duns poucos días, deberías recibir no teu domicilio, tanto o acuse de recibo da túa carta coma xa posteriormente unha carta do propio bispado/arcebispado na que se te notifique a execución de tódalas túas peticións e a baixa oficial da Igrexa Católica.

 

E se xorden problemas?

Tí non tes porque xustificar os teus motivos nin entrar en disquisicións para apostasares, xa que o que estás a solicitar é un cambio no rexistro parroquial. Dito rexistro (e onde costas como católico) está suxeito á Lei de Protección de Datos, polo que tes dereito á rectificación ou eliminación en calquer momento.

Chegado o caso, plantexa claramente a situación no bispado: unha denuncia ante a Axencia de Protección de Datos e/ou ante os tribunais. Se é posible, busca o asesoramento dun avogado que te guíe e represente durante o resto do proceso.

 

Preme o enlace para descargar o modelo de declaración de apostasía, se queres decargar as instruccións para apostatar podes facelo aquí