Revista Axitación

Formacion

Tercera Información
Afíliate!!
Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

banner apostasia

A Xuventude Comunista esixe a retirada das tropas de ocupación españolas de Afganistán PDF Imprimir
Luns, 30 Agosto 2010 17:07

Desde a Xuventude Comunista solicitamos ao Goberno de España que inicie un calendario de retirada das tropas españolas baixo mando da OTAN durante os próximos meses.

Denunciamos que a accións da misión da ISAF, evidencian que o exercito de ocupación de máis de 150.000 soldados da OTAN, non está realizando unha misión humanitaria senón que está inmerso nunha guerra aberta, unha guerra de carácter imperialista polo control dos recursos enerxéticos e xeoestratéxicos, que está custando a morte de centos de miles de afgáns e de miles de soldados das tropas de ocupación, concretamente 92 españois.

Non só é unha cruenta guerra, se non que ademais as forzas de ocupación estana perdendo, como exemplo, segundo os propios informes da OTAN, xullo foi o mes no que máis mortes de tropas ocupantes houbo desde o inicio da guerra fai case dez anos, máis de cen mortos en menos de 30 días.

Por iso, desde a Xuventude Comunista apoiaremos e defenderemos a iniciativa cívica presentada polo PCE, para elevar ao Parlamento o debate sobre a retirada das tropas españolas en Afganistán.

Ademais, no marco do 17 Festival Mundial da Xuventude e os Estudantes que se celebrará en Sudáfrica o próximo mes de decembro, reivindicamos a unión da mocidade na loita contra o imperialismo, e por un futuro en paz, solidariedade e transformacións sociais.