Formacion

Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Revista Axitación

Tercera Información
Afíliate!!

banner apostasia

Mundo Obreiro, o xornal do PCE, cumple 80 anos PDF Imprimir
Luns, 23 Agosto 2010 15:46

 

Mundo Obreiro a publicación mensual do Partido Comunista de España cumpre 80 anos, o primeiro número deste histórico xornal apareceu o 23 de agosto de 1930, de periodicidade semanal e co subtitulo: "defensor dos traballadores da cidade e do campo", ademais tivo outros como "o xornal do pobo" ou "o xornal da esquerda". Durante a súa vida foi secuestrado e suspendido en varias ocasións por motivos ideolóxicos.



Mundo Obreiro, agora é mensual pero desde o seu nacemento en 1930 pasou por varias etapas, semanal, diario, para volver ser semanal, revista mensual e hoxe, un xornal mensual decano de prensa política partidaria de España. xogou un papel fundamental na defensa dos dereitos da clase traballadora seguindo fiel a ese aceno de identidade, esta comprometido con ser un referente informativo para a difusión dun modelo económico e social alternativo, anticapitalista e republicano.

Segundo Ginés Fernández, Director de MO "A celebración deste aniversario vai ha servir para adecuar Mundo Obreiro á nova etapa do PCE tras o XVIII Congreso", MO puxo en marcha unha enquisa para recoller a opinión dos lectores e un proceso de debate nas agrupacións do partido para aplicar as melloras e cambios de forma que sexa eficiente e eficaz a súa función na construción dunha alternativa anticapitalista e social á crise.

O 80 aniversario do MO celébrase nun contexto político e social de inusitada axitación polas medidas contra a clase traballadora e a sociedade do goberno de Zapatero e ante a convocatoria dunha Folga Xeral para o 29 de setembro, en defensa dos dereitos dos traballadores e contra a reforma laboral para entre outras cousas facilitar e abaratar o despedimento. Neste contexto MO reivindícase, xa que durante a súa historia foi unha constante a defensa dos intereses da clase obreira, a liberdade e a igualdade.

Mundo Obreiro ten vocación de continuidade ante a necesidade de proxectar outra opinión á dos grandes medios sustentadores do sistema capitalista e para que a clase obreira teña voz na sociedade, ademais, MO pretende ser a publicación desa esquerda consecuente cun cambio profundo e radical (de raíz) da sociedade cara ao socialismo e o republicanismo, de EU como o é do PCE e da opinión do comunismo español.

Na festa do PCE, que se celebra os días 17 ao 19 en San Fernando de Henares, Madrid, e que conxuntamente A Festa con Mundo Obreiro son os buques insignia da visibilidade do PCE, vanse a realizar unha serie de actividades para conmemorar o 80 aniversario do xornal como é o acto de presentación do 80 Aniversario de Mundo Obreiro que contará coa presenza do Secretario Xeral do PCE José Luís Centella e Armando López Salinas escritor e que fose redactor de MO; o debate sobre os medios de comunicación, liberdade de expresión e campañas mediáticas coa presenza de Willy Toledo, actor, Julio Anguita, ex Secretario Xeral do PCE e Pascual Serrano, xornalista; a presentación de libro sobre Federico Melchor que foi director de MO e un taller de comunicación alternativa.

Para rematar, MO ten previsto ultimar a edición dixital do xornal, editará un cartel e un díptico conmemorativo invitando a celebrar o aniversario e chamando á difusión, venda e subscrición do histórico periódico MO.