Tercera Información
Formacion

Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Afíliate!!
Revista Axitación

banner apostasia

Ante a morte de dous traballadores do SEAGA nun incendio forestal PDF Imprimir
Venres, 13 Agosto 2010 17:32

Esta pasada madrugada faleceron dous mozos traballadores (de 27 e 35 anos) nun incendio forestal en Fornelos de Montes (Pontevedra). Os falecidos eran traballadores do SEAGA (Servicios Agrarios Galegos) adicados a loita contra o fogo nesta campaña de verán.

Dende a Xuventude Comunista queremos expresar a nosa solidariedade coas familias e compañeiras e compañeiros dos falecidos en tan terrible accidente laboral.

Queremos tamén denunciar a precariedade do servicio de extinción de incendios, causa última da morte destes traballadores. A Xunta de Galicia tentou desviar a atención nunha rolda de prensa en Pontevedra á que asistiron os conselleiros de Presidencia e de Medio Rural (Alfonso Rueda e Samuel Juárez) onde comunicaron que o incendio foi intencionado e que “a única loita contra o fogo é contra os incendiarios”. A pesar destas declaracións apenas existen políticas de prevención contra o fogo intencionado. Feito ó que se suma á falta de control sobre as subvencións otorgadas ós Concellos por limpar o monte, non existindo pois verificación de que os concellos cumplan con esta actividade. De tódolos xeitos o feito de que o incendio fora intencionado non pode servir como excusa perante a morte destes traballadores. Cada ano hai incendios forestais provocados na Galiza e non por iso imos aturar que morran os traballadores adicados as tarefas de extinción destes incendios.

Dende a Xuventude Comunista afirmamos que a Xunta de Galicia ten parte de responsabilidade nestas mortes, nestes accidentes laborais. Actualmente un servizo estratéxico como é o da extinción de incendios está concesionado pola Xunta e cunhas condicións de traballo de deixan moito que desexar. Recentemente foron cambiados os criterios de admisión nestes postos de traballo pasando a valorar máis unha proba fisica ou a residencia que os anos de experiencia que se teñan. Queremos denunciar a escasa formación que reciben os traballadores desta empresa: apenas 16 horas de formación en aulas de entre 50 e 60 traballadores non son suficientes para este perigoso traballo.

Dende a Xuventude Comunista queremos denunciar tamén a baixa cualificación laboral dos traballadores do SEAGA, que a pesar de vir a desenrolar un traballo de bombeiros forestais, nos seus contratos ata fin de obra só figura a categoría de peón forestal e carecen de convenio colectivo.

Estas mortes son un triste exemplo máis de como a precariedade na que estamos sumidos todos e todas as traballadoras e traballadores non fai senón incrementar a siniestralidade laboral tanto en número de accidentes como en gravidade nos mesmos.