| Ante o criminal ataque israelí sobre o Líbano |
|
|
| Xoves, 05 Agosto 2010 18:06 |
|
Nun acto de provocación, o exército israelí lanzou o pasado martes 3 de agosto de 2010 un ataque contra o exército e o pobo libanés no sur do Líbano. As forzas israelís trataban de substituír árbores por cámaras espías en territorio libanés cando o exército do Líbano pediulles que retirasen as tropas do seu territorio, ao que a armada de Israel respondeu cunha acción criminal intrínseca ao seu carácter.
O ataque deixou un saldo de morte de tres soldados da armada libanesa e un xornalista que foi a cubrir o evento. O xornalista, o camarada Assaf Abu Rahhal, é membro do Partido Comunista do Líbano e foi un valente membro da Fronte Nacional de Resistencia Libanesa antes de continuar a súa loita na cobertura mediática do sur do Líbano.
|













