|

A recentemente aprobada reforma laboral terá resposta desde a Xuventude Comunista. Para iso comezamos unha campaña con decenas de miles de cartaces e folletos onde chamamos á mocidade a informarse e loitar por un futuro digno.
Como xa analizábamos desde o documento de análise da reforma laboral que presentamos fai dúas semanas, a reforma que aprobou o Goberno lesiona gravemente os dereitos dos traballadores e avanza xusto en dirección contraria de resolver o problema do paro, posto que facilita e financia os despedimentos. Ademais profunda na precariedade laboral, xa que abre as portas á privatización do Servizo Público de Emprego Temporal, vai asemellando as indemnizacións de despedimento dos contratos temporais coas dos indefinidos de fomento de emprego e debilita os convenios colectivos, fomentando o sindicalismo corporativo e a "atomización" das relacións laborais, entre outros outros puntos. En resumo, as mozas e os mozos comunistas denunciamos que de novo seremos os máis débiles quen teñamos que pagar os pratos rotos do capitalismo, polo que chamamos á mocidade estudantil e traballadora a secundar a Folga Xeral do 29 de Setembro, para que esta sexa un éxito e se converta nun primeiro paso para romper con este inxusto e irracional sistema. Por iso, lanzamos unha campaña de axitación con decenas de miles de cartaces adhesivos e folletos co lema "Sabes quen son os culpables ¡Páraos! Folga Xeral 29 de Setembro", á que se lle irá sumando en agosto máis material tal como propaganda virtual para as redes sociais, vídeos, documentos de análises,..., co fin de que a mocidade se interese e se informe sobre unha reforma que lle afectará gravemente no futuro se non conseguimos parala.
Facemos tamén un chamamento a mocidade galega a participar na manifestación convocada por Esquerda Unida, o Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista por unha saída de esquerdas a crise que terá lugar o 12 de setembro en Santiago de Compostela, con saída ás 12:00 h. da Alameda, como acto previo a Folga Xeral do 29 de setembro. |