|
Nova agresión ós dereitos das mulleres por parte de PP-PSOE |
|
|
|
|
Escrito por Administrator
|
|
Xoves, 22 Xullo 2010 00:46 |
|
O luns 5 de xullo de 2010 entrou en vigor a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo. Ante este feito, a Xuventude Comunista mostra o seu rexeitamento á aprobación de devandita lei, xa que as supostas melloras en moitos casos non se concretan en medidas para a súa consecución, e noutros foron rebaixadas mediante decretos que atenden a criterios impostos pola igrexa e a dereita.
Desde a Xuventude Comunista criticamos especialmente que esta lei é aprobada, polo PSOE, mantendo o aborto no código penal, e sen asegurar a realización da interrupción voluntaria do embarazo na rede da sanidade pública, sen garantir a equidade territorial, e sen regular o dereito á obxección de conciencia, minguando posibilidades de prestación nos centros sanitarios públicos, converténdose así na enésima falta ao seu programa e traizón ao movemento feminista. Esta Lei lesiona aínda máis os dereitos de autonomía das mulleres novas, pola contra, descoñécense as medidas que se porán en marcha para garantir que a Educación e Atención Afectivo Sexual integral e de calidade sexan unha realidade. Desde a Xuventude Comunista esiximos ao Goberno de Zapatero que deixe de ceder á presión da igrexa e a dereita, cíngase ás razóns iniciais da reforma da Lei e esiximos o dereito das mulleres a acceder á interrupción voluntaria do embarazo en condicións de seguridade, calidade, intimidade e igualdade, garantindo a posta en marcha dun conxunto de medidas que garantan o desenvolvemento dunha Educación e Atención Afectivo Sexual baseada nun concepto positivo do feito sexual humano e da diversidade sexual. O desenvolvemento dos dereitos sexuais e reprodutivos require ter vontade política e dedicar moitos máis recursos públicos á información, formación e atención afectiva e sexual nos ámbitos do ensino, a sanidade e os servizos sociais, que garantan estes dereitos. ¡DOBREMENTE EXPLOTADAS, DOBREMENTE REVOLUCIONARIAS! |