Tercera Información
Formacion

Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Afíliate!!
Revista Axitación

banner apostasia

A Xuventude Comunista no Festival de Ortigueira PDF Imprimir
Mércores, 14 Xullo 2010 21:53

 

 

A Xuventude Comunista estivo presente na 26º edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira cun posto situado na zona de acampada do piñeiral de Morouzos dende o martes 6 de xullo ata o domingo 11. No devandito posto podíase ver o material de propaganda que empregamos nas diversas campañas políticas que desenvolvimos no último curso marcado de xeito singular pola crise económica.

O posto da Xuventude Comunista converteuse nun centro de axitación política no seo do popular festival cuxa edición este ano estivo marcada por un descenso no número de asistentes (95.000 mozas e mozos chegados dende todo o Estado) sen dúbida provocado pola crise económica que estamos a vivir. A menor asistencia non impediu o divertimento dos asistentes a pesar das inclemencias metereolóxicas dos primeiros días.

Malia todo este festival precisa ser mellorado: as instalacións sanitarias e o servicio de autobuses aínda son insuficientes ante tan grande asistencia de público e os problemas de seguridade na zona de acampada non se poden converter na tónica do festival. Especial mención merecen os traballadores e traballadoras dos servicios de limpeza que traballaron a reo durante toda a duración do festival posibilitando así o disfrute do mesmo.