| Proxección de "O diñeiro é débeda" en Ponteareas |
|
|
|
| Escrito por Administrator |
| Mércores, 14 Xullo 2010 15:28 |
|
Resulta imprescindible coñecer o sistema económico ao cal pertencemos tanto para entender a crise actual como para saber localizar os culpables reais e construir unha alternativa viable e sustentable.
Con esa idea a Xuventude Comunista proxectará en Ponteareas o documental 'O diñeiro é débeda', onde se fai un repaso de forma clara e amena da historia da banca dende os seus orixes ata a súa situación actual; explicando a mecánica de creación de diñeiro sobre a débeda e o respaldo dos gobernos á esta forma de economía. "Denme o controle do diñeiro e xa non importará quen faga as leis." Meyer Rothschild, fundador da dinastía Rothschlid. O vídeo se proxectará o día 16 de xullo no Centro Multiusos (Parque das Pombas), ás 20:30h.
|
| Última actualizaciónfeita en Xoves, 15 Xullo 2010 19:27 |







