|
Manifestación 27-X: "Loitamos por unha alternativa social á crise" |
|
|
|
Martes, 22 Xuño 2010 16:30 |
|

O pasado 16 de xuño, o Goberno do PSOE impuxo por decreto a reforma laboral cun só obxectivo: abaratar o despedimento para favorecer aos empresarios. Coa reforma laboral, o Presidente Zapatero asume as reivindicacións da CEOE e da dereita política, económica e social, ao pór a súa política ao servizo das esixencias do capital financeiro e da banca.
Contra este ataque aos dereitos da clase traballadora española, o Partido Comunista, a Xuventude Comunista e Esquerda Unida convocaron unha manifestación en Madrid para o vindeiro domingo 27 de xuño, ás 12:00 horas en Porta de Toledo, polo emprego e a defensa dos nosos dereitos sociais. Por este motivo desde a Xuventude Comunista chamamos a difundir esta convocatoria e a acudir á mesma, para que sexamos miles quenes o domingo 27 unámonos nunha soa voz esixindo que non sexamos as e os traballadores quen teñamos que pagar os pratos rotos do capitalismo.
|