| Recorte de soldos cara a galeria no Concello de Ourense |
|
|
|
| Escrito por Administrator |
| Luns, 21 Xuño 2010 19:21 |
|
No último pleno do Concello de Ourense aprobouse unha proposta para reducir as retribucións do alcalde nun 15 % e entre un 6 e un 7 % as dos concelleiros (dependendo das súas competencias), directores xerais e outros órganos. Desde a Xuventude Comunista cremos que este recorte do soldo é insuficiente. A rebaixa do soldo dos membros do Concello debería ser moito maior da aprobada para así poder reducir os gastos e incrementar o investimento en políticas sociais e de creación de emprego.
O propio alcalde Francisco Rodríguez ensinou a súa nómina no tumultuoso pleno declarando que cobraba 3.741 € netos ao mes, unha cantidade realmente esaxerada tendo en conto que o salario medio en España é de 1.791'66 €/mes brutos e o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) de apenas 633'30 €/mes. O Alcalde cobra pois case seis veces o salario mínimo. Desde a Xuventude Comunista parécenos intolerable que estes salarios por desempeñar a función pública permanezan tan elevados mentres os mozos e as mozas apenas chegamos a mileuristas. É intolerable tamén que ante a necesidade de recorte do gasto público o primeiro que se faga é unha redución do funcionariado e un recorte das pensións e non equiparar os soldos dos nosos representantes ao soldo que gaña un traballador medio. É por iso que esiximos recortes de soldo aínda máis amplos para os concelleiros e os equipo de goberno, non se pode tolerar que mentres aos traballadores nos baixan a indemnización por despedimento e se nos esixe que fagamos sacrificios para saír dunha crise que nós non provocamos, os cargos públicos sigan tendo soldos que sextuplican ou máis o salario mínimo. Os recortes deberían ser moito maiores dos propostos pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e dos aprobados recentemente nos Concellos de Ourense e A Coruña. Os soldos daqueles que en teoría representan á cidadanía deberían ser representativos dos soldos que gaña a cidadanía e non estar por enriba deles. Esta medida de reducción do soldo nun 15 % é pura maquillaxe electoralista e apenas vai repercutir nos orzamentos da cidade. A forma de sanear a contas públicas non é recortando dereitos dos traballadores nen subindo os impostos indirectos, senón loitando contra o fraude fiscal e fiscalizando a economía sumerxida, aumentando os ingresos por vía dos impostos directos de carácter redistributivo da riqueza. Da crise non se sae con medidas electoralistas sen nengunha repercusión práctica, da crise non se sae con medidas de dereitas, da crise se sae con medidas de esquerdas, que defendan os dereitos das traballadoras e traballadores e xeren postos de traballo ó mesmo tempo que reparten a riqueza que están a acumular os que foron causantes da mesma.
|
| Última actualizaciónfeita en Luns, 21 Xuño 2010 19:59 |






