Formacion

Revista Axitación

Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Tercera Información
Afíliate!!

banner apostasia

O Concello de Vigo impide aos autobuses aparcar en Samil PDF Imprimir
Luns, 21 Xuño 2010 16:47

 

O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, declarou recentemente as intencións do Concello de impedir aos autobuses aparcar en Samil, co obxectivo de incrementar en oitenta o número de prazas destinadas a vehículos privados. Os autobuses só terían espazo para deixar e recoller pasaxeiros nas instalacións de Vitrasa.

 

 

Desde a Xuventude Comunista entendemos que a solución para evitar as aglomeracións na zona non é incrementar o número de prazas de aparcadoiro, senón mellorar o sistema de transporte público que conduce á zona, cun incremento na frecuencia dos autobuses, un maior número de liñas que fagan ese percorrido e un abaratamento do prezo dos mesmos. De pouco serve rexenerar a contorna do areal se o modelo de transporte que se fomenta é o privado, moito máis contaminante e prexudicial para o entorno.

Doutra banda, con respecto á polémica ao redor da Praza de Portugal na cal o Partido Popular esixiu que se destinase o parking alí situado exclusivamente a residentes; opinamos que a solución non é esa. Ante a falta de prazas de aparcadoiro non se debe restrinxir o seu uso. A única solución viable pasa de novo por unha mellora do sistema de transporte público e un abaratamento do mesmo co fin de facilitar aos cidadáns o seu uso e minimizar os desprazamentos en coche privado.