| Por un transporte público digno na cidade da Coruña |
|
|
| Martes, 15 Xuño 2010 16:30 |
|
Segundo datos recentemente publicados, o uso do coche cuadriplica o uso do transporte público na cidade da Coruña. As medidas tomadas polo concello para favorecer un modelo de transporte sustentábel, digno e público son mera propaganda. ¿De que serven os 15 postos de aluguer de bicicletas dispostos polo concello sen carriles bici axeitados para elas? ¿De qué sirven os actuaís carriles bici para a poboación da cidade se só conectan zonas turísticas e non os polígonos industriais e os barrios de maior poboación? Actualmente o uso da bicicleta nos desprazamentos na nosa cidade representa un mísero 0.6% do total dos desprazamentos.
¿De qué serve o carril bus se temos un sistema de transporte claramente sobrepreciado, con subidas anuais por riba do IPC, e que acumula unha suba de case un 100% do prezo nos últimos 10 anos, chegando a custar xa máis dun euro a tarifa xeral? A seguinte gráfica amosa claramente esta suba imparábel dende o 1.990, actualmente o prezo do bus urbán na cidade chega os 1'09 € na tarifa xeral.
As alternativas ao coche actuais non responden a unha planificación, o sistema de buses non responde ás necesidades actuais dos mozos e mozas, dos xubilados, dos traballadores, continúa sendo un sistema caro, ineficiente (especialmente nos barrios periféricos) . O tranvía non é mais ca unha atracción turística cun precio desorbitado cuxo único propósito foi encher o ego xa dabondo enchido de Paco Vázquez. Non poderemos ter unha cidade sustentábel, habitábel mentres o uso do transporte público sexa a cuarta parte do uso do coche privado. Débese fomentar o uso do transporte colectivo e sustentábel, e non mediante a peonización de rúas, que tamén, senón sobre todo facendo do bus e da bicicleta uns sistemas de transporte que respondan ás necesidades dos coruñeses e das coruñesas. O problema tamén se extende a comunicación cós pobos cercanos a cidade. A antiga rede de trens de cercanías foi prácticamente desmantelada e a actual rede de autobuses xa non responde a grande suba da poboación dalgúns deles. Por outra banda a coordinación entre estos autobuses e os urbáns e nula, tanto nos horarios como a hora de mercar os billetes. Dende a Xuventude Comunista, cómo mozas e mozas traballadores e estudantes que empregan o transporte colectivo nos seus desprazamentos diarios esiximos o seguinte:
|














