| Proxección de "Gaza: zona de morte" en Ponteareas |
|
|
| Venres, 11 Xuño 2010 18:33 |
|
A Xuventude Comunista proxectará este sábado 19 de xuño o documental "Gaza: zona de morte" no Centro Multiusos de Ponteareas as 19:00 h.
"Gaza: zona de morte" é unha investigación en video que documenta a brutalidade das accións israelíes non só contra os palestinos, senon tamén contra os activistas e periodistas estranxeiros en Gaza.
"En toda cuestión en Oriente Próximo débese ter en conta o imperialismo. É o imperialismo o que creou o estado de Israel e é o imperialismo o que o sostén hoxe en día. As prioridades do imperialismo quizás pasaron da Canle de Suez ós campos de petróleo, pero os grandes poderes globáis inda consideran a Oriente Próximo "o gran premio material da historia da humanidade", como declarou en 1945 o Departamento de Estado estadounidense." Rebelión
|














