| Chamada a mobilización contra o recorte de dereitos sociais plantexado polo goberno |
|
|
| Luns, 07 Xuño 2010 18:02 |
|
O Partido e a Xuventude Comunista rexeitan o brutal recorte de dereitos sociais anunciado polo Goberno do PSOE porque supón unha agresión sen precedentes aos intereses dos traballadores e as traballadoras.
O Goberno non expón tomar ningunha medida que afecte aos verdadeiros causantes da crise que son a banca e grandes empresas, tampouco expón actuacións tendentes á creación de emprego. O Goberno do PSOE expón medidas dirixidas exclusivamente a que sexamos a clase traballadora quen paguemos a crise. Estamos ante un Goberno que pasou de non saber que facer, a un Goberno que asume as teses do capitalismo máis salvaxe e saca do caixón as vellas receitas fracasadas do Fondo Monetario Internacional, que foron as verdadeiras causantes da terrible crise do capitalismo que estamos sufrindo. Agora si empezamos a estar como en Grecia, pola política de recortes sociais e de facer pagar aos máis débiles os erros dunha política que só propiciou a acumulación de grandes riquezas e o aumento das diferenzas entre pobres e ricos, as medidas cargan o custo desta crise sobre as traballadoras e os traballadores. O recorte salarial a quenes traballan na función publica, non só rompe o acordo alcanzado cos sindicatos máis representativos e que a Vicepresidenta do Goberno confirmou fai unhas semanas que se ía a cumprir en todos os seus contidos, senón que fai caer sobre este sector os maiores sacrificios coma se fosen os culpables da crise. O incumprimento na revalorización das pensións e o carácter retroactivo das axudas á Dependencia, afecta aos sectores sociais máis desfavorecidos no noso país, xa que propón deixar conxeladas pensións de 800 e 900€ que non están consideradas como mínimas e eliminando o carácter retroactivo das axudas á Dependencia cárgase sobre os cidadáns a dilatación da xestión da Administración das axudas solicitadas, igualmente suprimir o cheque bebé, non é máis que reducir ingresos sociais. Os obstáculos establecidos para a xubilación parcial significan pechar unha das poucas portas de entrada para que os traballadores/as máis novos atopen traballo estable. Non soamente rompe con esta necesaria dinámica (o paro xuvenil alcanza o 40 % da poboación activa correspondente), senón que esnaquiza un arma que os sindicatos souberon utilizar para evitar despedimentos traumáticos, nuns momentos onde os EREs están deixando na rúa a miles de traballadoras e traballadores ós que por idade lles resulta prácticamente imposible atopar traballo. Respecto da restricción de medicamentos, no canto de reducir os grandes beneficios que obtén a industria farmaceútica, cunhas marxes indecentes, recorta novamente os tratamentos das persoas enfermas, intentando encubrilo nunha xestión do medicamento, que se fose certa tería tinguiduras razoables, pero que todos sabemos que non é así. Para rematar, os recortes ao desenvolvemento e ao investimentos públicos que se suman aos aprobados anteriormente no plan de estabilización, van significar en realidade un parón de actividade en multitude de pequenas empresas, polo tanto un novo pau ao emprego. A todo isto haberá que sumarlle o efecto dos recortes nas comunidades autónomas que, sen dúbida, repercutirán moi negativamente nos xa asfixiados concellos, coas consecuencias que vai ter sobre a atención social e o emprego. As medidas do goberno do PSOE son antisociais e chamadas ao fracaso, claramente contrarias ao interese xeral, xa que en lugar de pór en valor a loita contra o fraude fiscal cumprindo os anuncios de eliminar os paraísos fiscais, recortar os grandes salarios e controlar os grandes beneficios da banca, como medidas para superar o déficit, opta por unhas medidas dirixidas diréctamente a que sexan os máis débiles quenes paguen o déficit e sufran unha saída da crise que vai xeras máis desemprego ao reducir o consumo e crear máis incerteza social. Nestes momentos, o PCG e a XC, cremos que é necesaria una GRAN MOBILIZACIÓN XERAL, para defender unha saída da crise que empece por unha reforma fiscal, un control dos beneficios da banca e a creación de emprego. Unha mobilización que pare este novo intento do goberno de impor medidas contrarias aos intereses da maioría da poboación e que agravan a situación de parados e pensionistas.
Que non te fagan pagar a crise
MOBILÍZATE Traballadores de Europa ¡Levantádevos!
|














