| O Concello da Coruña da marcha atrás na construcción do albergue xuvenil |
|
|
| Venres, 04 Xuño 2010 17:38 |
|
A Conselleira de Mocidade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, Ermitas Valencia, anunciara o pasado mes de febreiro a súa intención de comezar cos trámites para construir un albergue xuvenil na cidade de inmediato e contando con fondos estatais, pero esta semana o Concello decidiu retrasar este proxecto sen data concreta xa que non o considera unha actuación prioritaria.
Dende a Xuventude Comunista queremos denunciar este novo recorte que afecta a mocidade da nosa cidade (o anterior foi tan sólo a semana pasada co recorte ó Noroeste Pop-Rock). Nos consideramos que a construcción deste albergue sí é unha prioridade máis tendo en conta que A Coruña e unha das poucas cidades universitarias que non conta cunha residencia estudantil dentro do entorno do campus (co que este albergue sería unha grande axuda os estudantes que non residen na cidade mentres buscan piso) e que na nosa provincia (unha provincia que conta coas cidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol) só existen dúas instalacións deste tipo, unha ubicada en Gandarío (Bergondo) e outra no Monte do Gozo (Compostela).Non entendemos tampouco o rexeitamento a súa construcción dende unha perspectiva económica posto que a Unión Europea destina fondos a este tipo de aloxamentos.
Doutra banda a proposta da Conselleira Ermitas Valencia xa tiña sufrido diversos cambios cos que non podemos estar de acordo: a zona elexida para a súa construcción era o barrio de Matogrande (que ten pouca presencia xuvenil), por outro lado a propia Concellería anunciara que ía “ampliar” a oferta desta infraestructura de xeito que na práctica acabara funcionando como un hostal e non como un albergue xuvenil.
Dende a Xuventude Comunista entendemos que na cidade da Coruña é necesario un albergue xuvenil que funcione como tal e que esté ubicado nunha zona céntrica da cidade e non nun barrio periférico, un albergue que sexa realmente xuvenil e non unha sorte de hostal, un albergue que veña a paliar a escasez de infraestructuras coas que contamos as mozas e os mozos desta cidade. |













