Tercera Información
Formacion

Revista Axitación

Afíliate!!
Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

banner apostasia

Acto Público de Refundación da Esquerda PDF Imprimir
Xoves, 03 Xuño 2010 19:12

 

Este vindeiro sábado 5 de xuño as 11:30 h.  no Teatro Principal de Santiago de Compostela (situado na rúa Nova, 21) terá lugar o acto central do proceso de Refundación da Esquerda en Galiza. Este acto forma parte do proceso que Esquerda Unida decidiu impulsar na súa última asemblea federal e no que diversas organizacións da esquerda política e social levan tempo traballando.

Nos tempos de crise nos que estamos a vivir é necesaria unha forza política de esquerdas na que converxean forzas tanto da esquerda política como social, organizacións laborais, movementos sociais e do ámbito cultural co obxectivo de construír unha alternativa nacional e de esquerdas para defender os dereitos das traballadoras e traballadores. É por iso que dende Esquerda Unida se fai un chamamento a participar neste proceso de Refundación do que sairá unha Esquerda máis forte, unha esquerda que se converta nun referente político galego, federal, republicano, feminista, ecoloxista, socialista e revolucionario

Neste acto público de Refundación participarán distintos persoeiros dos máis diversos ámbitos, entre eles: Herminio Barreiro (Profesor emérito da USC), Xosé Luis Méndez Ferrín (Presidente da Academia Galega), Mariluz Canal (avogada e activista social), Daniel Salgado (xornalista), Xose Manuel Sánchez Aguión (Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CC.OO.), Ricardo Castro Buerguer (Secretario Xeral da CUT), Alfredo Iglesias Diéguez (STEG), Mariano Abalo (Secretario Xeral da Frente Popular Galega), Eliseo Fernández (historiador), Xoán Abeleira (xornalista), Xabier Ron (activista social e membro do Partido Comunista de Galicia), Yolanda Díaz (Coordinadora Nacional de Esquerda Unida) e Cayo Lara (Coordinador Xeral de IU).

Dende a Xuventude Comunista facemos un chamamento á mocidade traballadora e estudantil galega a participar neste Acto Público de Refundación da Esquerda, porque a mocidade debe ser o principal impulsor deste proceso de Refundación, debemos entre todas e todos achegar as nosas ideas e o noso traballo a este proceso para acadar así unha forza de esquerdas que sexa quen de defender os nosos intereses, os intereses das mozas e dos mozos con arelas revolucionarias e democráticas, traballadores, traballadoras e estudantes para levar a nosa voz alí onde faga falla na defensa de quen estamos a sufrir con maior profundidade este sistema capitalista precarizador e as consecuencias da súa crise.

http://refundandoaesquerda.blogspot.com/