| O Concello da Coruña mantén as touradas pero recorta o Noroeste Pop-Rock |
|
|
| Domingo, 30 Maio 2010 17:21 |
|
A pasada semana a Tenente de Alcalde do Concello de A Coruña, Carmen Marón, deixou entrever a posibilidade de supresión do festival “Noroeste Pop-Rock”. O propio Conselleiro de Festas e Relacións Institucionáis, Carlos González-Garcés, confirmou esta noticia. O Concello coruñés suprimia así un evento que cada verán atraía a miles de mozas e mozos ós areais da cidade herculina da man de artistas de renome nacional e internacional como The Cure, Orishas, Siniestro Total, Los Suaves o La Unión.
As respostas a este anuncio non se fixeron esperar: o grupo de mozos e mozas que o ano pasado amosaran o seu rexeitamento á perda do carácter xuvenil do festival declararon o seu total desacordo con esta decisión, seguido de inmediato pola creación de grupos nas redes sociais en apoio ó festival que xa rondan as 4.000 persoas. Os comerciantes e hostaleiros da zoa tamén amosaron o seu malestar pola perda económica e de público que supón a desaparición do popular festival.
O descontento social xerado foi tal que o propio alcalde Javier Losada viuse obrigado a rectificar este domingo e anunciar que o festival seguiría pero cun importante recorte económico que incluiría un cambio no lugar dos concertos.
Dende a Xuventude Comunista queremos denunciar que este recorte supón a desaparición de facto do “Noroeste Pop-Rock” ó acabar na práctica sendo unha celebración máis das festas da nosa cidade. O “Noroeste Pop-Rock” debe ser celebrado no lugar habitual e con artistas de renome para conservar a súa finalidade.
Queremos denunciar tamén a inconsistencia que amosou o Concello neste asunto. O propio Alcalde dixo o ano pasado no seu blog que ía dar un impulso ó festival, para despois anunciar a súa cancelación e posteriormente o seu reflotamento.
Dende a Xuventude Comunista esiximos ó Concello que nos aclare por qué cando se pensa en recortar fondos a primeira opción é o “Noroeste Pop-Rock” e non outros eventos que si xeran unha grande crítica social e que supoñen a tortura ou morte de animais indefensos como son as touradas que cada ano se celebran na Coruña e que encima xeran grandes perdas o Concello.
Entendemos que este recorte é sumamente perxudicial para a oferta cultural e de ocio adicado a mocidade dende o Concello. Oferta de ocio que xa se viu seriamente afectada polas medidas represivas e de carácter recaudatorio da “Ordenanza Local para Regular la Convivencia y el Ocio en el Espacio Público de la Ciudad de La Coruña”.
Dende a Xuventude Comunista creemos que o festival debe manterse con grupos e artistas que interesen a mocidade e coa implementación de medidas que fomenten a creatividade musical dos artistas coruñeses (como por exemplo un concurso de maquetas). A crise non debe servir como excusa para o recorte da oferta cultural da cidade. Os recortes deberían ser en gastos superfluos do Concello ou en eventos que provocan un rexeitamento por parte da cidadanía en non nun festival que goza dun total apoio por parte da mocidade e cunha grande asistencia de público. NON Ó RECORTE DO NOROESTE POP-ROCK QUE NON TE FAGAN PAGAR A CRISE |














