Revista Axitación

Tercera Información
Formacion

Afíliate!!
Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

banner apostasia

Nova páxina web da Revista Dixital Axitación PDF Imprimir
Luns, 24 Maio 2010 19:41

 

A Revista "Axitación" estrea nova web coa pretensión de chegar a ser un referente comunicativo para a xuventude de esquerdas, contará cunha forte ligazón coas diferentes redes sociais e un atractivo contido audiovisual.

Esta publicación da Xuventude Comunista, que leva anos sendo difundida polas rúas, ten dende hoxe un novo formato dixital, adaptado aos novos tempos e cunha especial atención á cultura, á opinión e á loia feminista.

Para a Xuventude Comunista é moi importante que os mozos e mozas teñan acceso a outras opinións e debates que non adoitan darse nos medios habituais de comunicación pero que con todo son a columna vertebral das súas condicións de vida: precariedade, desemprego, discriminación da muller, lgtbi-fobia, mercantilización do ensino, lecer, cultura,...

Dende o colectivo editorial da Revista Axitación, explican que esta é a razón de ser da nova publicación dixital: "Os mozos e mozas temos que comezar a cuestionarnos que o desemprego e a precariedade sexan o pan de cada día porque si. Teñen a sú explicación, os seus causantes e as súas alternativas, levar estos debates á xuventude dun xeite simple, participativo e amena será o fin do sitio web agitacion.org".

 

Visita www.agitacion.org