| Acto en Vigo sobre a problemática laboral e de acceso a vivenda |
|
|
| Mércores, 19 Maio 2010 05:46 |
|
A Xuventude Comunista organiza en Vigo un acto sobre a problemática laboral é de acceso a vivenda da mocidade baixo o título: "Porque vas ser máis pobre que os teus pais". O acto terá lugar no Centro Social de Coia, este mércores 19 de Maio ás 19:30 h.
A dificultade cosa que se atopa hoxe en día a mocidade a hora de atopar tanto un traballo como unha vivenda digna (é decir, de acadar a emancipación) vese agravada pola crise capitalista e ten a súa causa nas políticas neoliberáis aplicadas polos dous partidos mayoritarios do Estado Español, que son completamente sumisos ás politicas importadas desde a UE e a organismos do carácter do FMI e o BM, os cales xa demostraron a súa pouca efectividade impoñendo medidas en países de latinoamérica África e demais, levando a estas nacións a extremos de pobreza insospeitados e débedas impagables.
Entre toda esta clase de políticas atópase, por exemplo, a liberalización do solo, que da lugar á especulación cos prezos da vivenda, facendo imposible que unha persoa nova poda adquirir un lugar onde vivir; influe tamén o feito de que teñamos uns salarios no comezo das nosas vidas laborais que dan vergonza se se comparan cos dos nosos veciños europeos e a gran cantidade de contratos basura, irregulares e a través da ETTs que se dan no estado e que simplemente favorecen a economía sumerxida e as condicións de traballo pésimas para os traballadores e especialmente para os novos. Todo isto verase agravado coa entrada en vigor do plan Boloña, que so conseguirá unha devalución dos títulos, incrementando a necesidade de adquirir formación extra a base de masters a precios prohibitivos e favorecendo por tanto a mercantilización da universidade en mans da banca e das empresas. Destes temas falaráse na charla que terá lugar no Centro Social de Coia o 19 de Maio ás 19:30 h. Acto no que invitamos a participar a toda a mocidade de que atopa nesta dificil situación. |














