Tercera Información
Revista Axitación

Formacion

Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Afíliate!!

banner apostasia

O Partido Comunista desprega unha pancarta na Bolsa de Madrid contra a especulación e os recortes sociais PDF Imprimir
Mércores, 19 Maio 2010 05:25

 

O lema da pancarta foi: “Especulades coas nosas vidas, enriquecédesvos co noso traballo”. Esta acción supón o inicio dunha campaña explicativa contra o recorte de dereitos sociais.

 

“Queremos explicar ós cidadáns que hai outra forma de facer política. Ningunha das medidas que expuxo o goberno vai crear emprego”, argumentou José Luís Centella, Secretario Xeral do PCE, sentenciando que este goberno está sendo duro cos débiles e débil cos ricos.

 

 

 

PCE Bolsa

 

O PCE sempre defendeu que a crise non a teñen que pagar os traballadores, senón os que a crearon, “porque aquí non houbo un terremoto nin ningunha catástrofe, e sí hai uns responsables”.

 

O Partido Comunista fixo as súas contas e calcula que o goberno podería recortar 15.800 millóns de euros sen xerar recortes sociais. Se o goberno quixese atopar recursos pódeos sacar facilmente daqueles que os teñen. En imposto de patrimonio o ano pasado deixáronse de recadar 2.200 millóns de euros, 5.000 millóns da economía sumerxida, poderíanse obter outros 2.5000 millóns cun aumento do 43% ó 50% no último tramo do IRPF, 3.500 millóns en medidas sobre SICAV e beneficios, 600 millóns coa retirada das tropas de Afganistán e 2.000 millóns máis coa redución á Igrexa e a Casa Real.

 

Pero Zapatero non o ve así. “Está traizoando o seu discurso e o resultado é que quenes non van sufrir a crise son os que están obtendo beneficios especulativos na bolsa, os bancos e as grandes empresas que seguen sumando grandes beneficios, as grandes fortunas, que seguen sen imposto do patrimonio, os defraudadores nin os grandes salarios” explicou Centella.

 

O secretario xeral criticou que o goberno inicie este fin de semana unha campaña para enfrontar ós traballadores e ós parados. “Non se pode definir ós funcionarios como privilexiados. O goberno segue sen explicar como se creou a crise, en que quedou o cambio de modelo, como e onde vai crear emprego, etc.”

 

O Partido Comunista reclama que hai outra forma de facer política, outras alternativas, como se demostrou no Cume dos Pobos, onde algúns gobernos de América Latina están traballando nesa alternativa real. O Secretario Xeral do PCE pediu a unidade da esquerda social e política, dicindo que é EU quen debe de tomar a iniciativa e que a Refundación de Esquerda Unida é un bo marco para concretar unha alternativa.

 

Centella tamén pediu dereito de acceso á televisión pública para poder explicar as propostas do PCE.