Formacion

Revista Axitación

Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Afíliate!!
Tercera Información

banner apostasia

Día das Letras Galegas 2010 PDF Imprimir
Domingo, 16 Maio 2010 17:07

 

Este vindeiro luns 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, adicado nesta ocasión a figura de Uxío Novoneyra (1930-1999), insigne poeta e marxista, foi presidente da “Asociación de Escritores en Lingua Galega” dende o ano 1982 ata a súa morte. Entre a súa obra destacan “Os Eidos”, “Muller pra lonxe”, “Do Courel a Compostela” e “Dos soños teimosos Noitarenga”.

Máis o Día das Letras Galegas non é só unha xornada para reivindicar a este grande escritor, senón tamén unha xornada reinvindicativa en defensa da nosa lingua.

 

 

 

logo queremos galego

Dende o goberno da Xunta estanse a impoñer toda unha serie de medidas que supoñen un retroceso no uso do galego en tódolos ámbitos, especialmente en materia educativa e cultural. A decisión do goberno do PP de eliminar a cota mínima de libros en galego nas bibliotecas e nos centros de ensino públicos (publicada no DOG este pasado 7 de maio) ven a sumarse a outras medidas das que o decreto do uso do galego no ensino é o principal expoñente.

Dende a Xuventude Comunista esiximos a derogación de todas estas medidas represivas contra a lingua galega, o establecemento do galego como lingua vehícular no ensino dende a primaria ata o bacharelato e a FP xunto coa dotación dos medios necesarios para asegurar a normalización lingüística en tódolos centros e o fomento do galego no ensino universitario e superior así como a obligatoriedade de que os profesores coñezan e empreguen a nosa lingua.

Por este motivo facemos un chamamento a mocidade galega a manifestación que a plataforma “Queremos Galego” ten convocada baixo o lema “O galego, o noso existir” este luns 17 de maio ás 12:00 h. na Alameda de Santiago de Compostela. Na páxina web da plataforma (http://www.queremosgalego.org) podedes consultar as rutas e horarios do servizo de autobuses.


¡POR UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA, DE CALIDADE E EN GALEGO!
¡POLA DEROGACIÓN DO DECRETO DO USO DO GALEGO DO ENSINO!
¡NON A PRECARIEDADE CULTURAL!