Revista Axitación

Afíliate!!
Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Formacion

Tercera Información

banner apostasia

Novo acto de represión contra o movemento republicano PDF Imprimir
Venres, 14 Maio 2010 22:00

 

Novo acto de repulsa á visita dos Príncipes e de esixencia da Terceira República represaliado en Santiago de Compostela

Dende a Xuventude Comunista denunciamos a situación de excepcionalidade creada na cidade de Compostela con motivo da visita dos cidadáns Felipe de Borbon y Leticia Ortiz a mesma. Amparándose na tan "socialista" "Lei Corcuera", Os corpos de seguridade do Estado procederon cunha actitude hostil e chulesca á incautación de bandeiras republicanas e da pancarta que esixía a Terceira República a numerosos camaradas da Xuventude Comunista, do Partido Comunista e de Esquerda Unida nos "postos de control" montados o aredor da praza da Quintana para impedir o libre acceso. Xa na praza e trala chegada dos "príncipes", os seus escoltas coa connivencia da policía procederon a cargar contra unha multitude que so exercía o seu dereito a liberdade de expresión proclamando consignas en favor da república.

Dende a Xuventude Comunista denunciamos este feito como parte dunha campaña de represión desatada contra o movemento republicano, que nos últimos anos está tomando forza e a cuestionar a actual estructura de poder do Estado. As condenas ós camaradas Edu e Naira, a J.A. Barroso e a tanta outra xente enmarcanse dentro deste contexto de acoso e recorte de liberdades civís ás persoas e colectivos que levántanse contra o actual "status quo" constitucional.

Dende a Xuventude Comunista reclamamos o dereito democrático que supón mostrar publicamente a bandeira tricolor como recoñecemento de aqueles que deron a vida pola democracia e a libertade do pobo, así coma da loita pola Terceira República e a democracia participativa como manifestación das arelas de transformación social dos explotados polo neoliberalismo. Rexeitamos de pleno o actual réxime borbónico e chamamos á mocidade traballadora e estudante a construir a alternativa o actual réxime  herdeiro do franquismo, que garanta a plena democracia nas esferas do político, do económico, do social e do cultural no marco dun Estado federal e solidario.


POLO CESE DA REPRESIÓN AO MOVEMENTO REPUBLICANO

POLA RUPTURA COA CONSTITUCIÓN BORBÓNICA DO 78

3º REPÚBLICA CON DEMOCRACIA PARTICIPATIVA!!

 

 

Páxina web da campaña "Gane la tercera" http://www.ganelatercera.org/

Comunicado de Esquerda Unida: http://www.esquerdaunida.org/noticias.asp?Idnoticia=1775