| Manifestación do Primeiro de Maio |
|
|
| Venres, 30 Abril 2010 18:03 |
|
A Xuventude Comunista denuncia a política reaccionaria que está a levar a cabo o Goberno do PSOE da que sae claramente beneficiada a patronal e que deixa nunha situación moi precaria á clase traballadora. O goberno favorécelles a eles e á oligarquía financieira á que representa con actuacións lamentables como a entrega de millóns de euros do erario público a empresas e grandes construtoras en concepto de contratas para infraestructuras. O chamado Plan E, sinónimo de subcontratación, contratos lixo e precariedade. O goberno financia ás empresas que fan negocio da precariedade, converténdose en cómplice da situación.
Segue aumentando a lacra do paro, superando os 4 millóns e medio, e o goberno aínda non elaborou un plan estratéxico para reducir esas cifras, encamiñado a mellorar as condicións laboráis a través da ampliación e mellora do sector público, garantindo o acceso de todas e todos ao traballo. Fronte a esta grave situación, ¿qué solución nos dan? Abaratar o despedimento mediante unha reforma laboral que, lonxe de dar resposta, profunda no problema, perxudicando gravemente á clase traballadora. A Xuventude Comunista aposta pola mellora das condicións de traballo mediante o fortalecemento do sector público e a xornada de 35 horas sen reducción salarial. É necesaria a construción dunha conciencia crítica da situación: a única alternativa a este roubo a man armada é a mobilización. Hoxe máis que nunca debemos entender que non podemos expor alternativas desde unha posición de debilidade. Ante as tentativas do capital de desmantelar todos e cada un dos logros que a clase obreira alcanzou ao prezo do seu propio sangue, debemos opor nosa mellor arma: a Folga Xeral. É hora de pasar á ofensiva. ¡Polos dereitos da clase traballadora é en defensa do público¡ ¡Maniféstate este primeiro de Maio! ¡Máis de 4 millóns de pasados, unha solución: LOITA!
Manifestación do Primeiro de Maio en Galiza: ■ A Coruña. Manifestación con saída da Praza da Palloza ás 12 horas.
|














