|
Proxección de "The Corporation" en Ferrol |
|
|
|
Mércores, 24 Febreiro 2010 11:30 |
|
A Xuventude Comunista proxectará este xoves 25 de Febreiro en Ferrol o documental "The Corporation" dirixido por Mark Achbar e Jennifer Abbot. No documental analízase como as corporacións pasaron a ser de pequenas empresas privadas sen maior importancia a unha presencia viva, dramática e persuasiva en todas as nosas vidas, do mesmo xeito que o foron a Igrexa ou a Monarquía noutros tempos. A proxección terá lugar no Ateneo Ferrolán ás 19:00 h. e irá seguida dun debate entre os asistentes.
|