Tercera Información
Afíliate!!
Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Formacion

Revista Axitación

banner apostasia

Contra a ilegalización da Xuventude Comunista Checa. PDF Imprimir
Mércores, 04 Xuño 2008 01:00
 

 

Fai dous anos o goberno checo decidiu ilegalizar a Unión de Xuventudes Comunistas (KSM) e todas as súas actividades. Agora queren ir máis aló, pondo á KSM fóra da lei.

Ésta é unha medida antidemocrática que condena a unha organización xuvenil pola súa loita por un mundo xustos e pacífico, en oposición aos intereses dos poderes económicos e o militarismo do goberno checo, á beira da Unión Europea.

Esta medida enmárcase na actual política do imperialismo que busca perseguir a todas e todos as e os que loitan na súa contra, sucedendo feitos similares a este en todo o mundo, por que o imperialismo sabe que necesita destruír os dereitos democráticos para minar a forza e o futuro da mocidade e os pobos.


Este non é un asunto só do pobo checo, este é un asunto de todas e todos aquelas e aqueles que loitamos pola paz, a democracia e a xustiza social, e é polo que a loita contra a ilegalización da KSM debe ser prioritaria para as e os mozos do mundo!

Non queremos o que o imperialismo quere impor con guerra e explotación, esiximos un mundo con democracia, xustiza social, paz, solidariedade e amizade

Por iso, en solidariedade coas e os comunistas checos, esiximos ao goberno checo que retire a súa decisión de ilegalizar á KSM xa!