| Con motivo do abandono o que o concello somete as persoas máis desamparadas de Ponteareas. |
|
|
| Domingo, 01 Xuño 2008 16:09 |
|
Con motivo do abandono o que o concello somete as persoas máis desamparadas de Ponteareas, a XC (Xuventude Comunista) contactou con colectivos de discapacitados , os que nos puxeron o día da situación que viven, tras coñecer esta situación decidimos actuar, e tras varias xuntanzas cos colectivos, dende a XC propuxemos o comezo dunha campaña de acción civil, que se compuña de dous puntos fundamentais, o primeiro era a difusión publica desta situación ,e o segundo a reclamación publica dos dereitos sociais que lle pertencen as persoas discapacitadas e dependentes de Ponteareas,xa que pola vía administrativa o concello non atende as peticións dos discapacitados nin das súas familias. A difusión publica fíxose nos diferentes medios de comunicación e correu a cargo das asociacións de discapacitados así coma dos colectivos que as apoiamos .A reclamación publica farase este martes día 3 as 12:00 do mediodía nunha concentración a porta do concello, para ver si deste xeito o concello de Ponteareas se dispón a escoitar as asociacións de persoas discapacitadas, para logo cumprir as leis que xa existen neste ámbito. O lema desta concentración , será: Por uns servicios sociais dignos .Con este lema queremos deixar claro que existen uns mínimos irrenunciables que se contemplan na lei e que hai que cumprir. Que o traballo non acabara ai,senón que unha vez acadados estes obxectivos seguiremos loitando,para que ningunha persoa discapacitada se sinta diferente nin menosprezada por esta sociedade,nin tampouco polos órganos que a representan. Dende a XC facemos un chamamento a asistir a concentración do próximo martes día 3 as 12:00 na porta do concello. |













