| Contra os centros de internamento de inmigrantes, polos dereitos de todos e todas. |
|
|
| Mércores, 28 Maio 2008 23:13 |
|
Resolución da Comisión Política da XC Contra os Centros de Internamento de Emigrantes, polos dereitos de todas e todos Na Unión Europea existen 174 Centro de Internamento de Emigrantes, 10 deles situados en España xestionados polo Ministerio de Interior. Estes Centros non son máis que cárceres ata hai pouco secretas e ilegais, que disfrazan como "internamento" o que só pode ser cualificado como detención ilegal, sen cargos, sen xuízo, sen garantías e sen ningún tipo de dereitos. Tras esta reclusión ilegal, que en España pode alongarse durante 40 días, as e os migrantes son expulsados, ao que eufemisticamente as institucións burguesas denominan "repatriación". Estes cárceres encubertos son unha das máis horribles consecuencias das políticas de estranxeiría levadas a cabo tanto pola Unión Europea, como por España, baseadas na negación de dereitos, na promoción de discursos xenófobos e racistas e na exclusión social, política e económica dos miles de traballadores e traballadoras migrantes, que son entre outras cousas, quen están sostendo a economía dalgúns países, especialmente de España. Aínda por riba existen diversas denuncias contra estes Centros por déficit de salubridade, malos tratos e agresións contra os internos e corrupción. Na actualidade a Unión Europea está planeando endurecer estas políticas ampliando o prazo de reclusión ata os 6 meses, incluíndo a menores de idade e prohibindo regresar a Europa por cinco anos ás e os migrantes expulsados. Estas medidas van encamiñadas a expulsar da Unión Europea a máis de 8 millóns de migrantes. Desde a XC denunciamos estas políticas da Unión Europea, que o PSOE aplica en España sen asomo de dignidade nin vergoña, por atentar contra os dereitos humanos de miles de traballadoras e traballadores migrantes. Estas políticas non son máis que a enésima iniciativa encamiñada a facer de Europa unha fortaleza na que as e os migrantes non son máis que man de obra barata que se importa ou se expulsa en función dos intereses da oligarquía. A oligarquía europea empeza a responder á crise económica creada por eles mesmos e pretenden, tras anos de beneficios empresariais e bancarios astronómicos e indecentes, que paguen por ela as capas máis débiles da clase traballadora, a mocidade, as mulleres e as e os migrantes. Unha das primeiras consecuencias de está crises é o aumento do paro nos últimos meses, que están sufrindo especialmente as e os migrantes. Chamamos ao conxunto da clase traballadora e da mocidade estudantil e traballadora a loitar contra estes Guantánamos europeos e contra as políticas de estranxeiría que atentan contra os dereitos humanos máis elementais das e os migrantes, irmáns e irmás da nosa clase. Sumámonos ás diversas iniciativas locais, estatais e internacionais xurdidas contra este ataque aos dereitos humanos. Comisión política da XC, Madrid a 18 de maio de 2008 |













