Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Afíliate!!
Tercera Información
Revista Axitación

Formacion

banner apostasia

Comunicado da XC ante a censura á Banda Bassotti PDF Imprimir
Venres, 09 Maio 2008 02:29

 

 

A orde reina en Rivas.

A dereita política e institucional, coa cobertura silenciosa do PSOE, conseguiron o seu obxectivo. Criminalizar, acusar e atemorizar. Pero sen probar e sen demostrar.

O PP, Cidadáns de Rivas e a dereita mediática aplicaron a súa vella receita. usaron o mesmo discurso, as mesmas palabras que levan usando desde fai anos para criminalizar a aquelas e aquelas que loitamos pola xustiza social e polos espazos liberados para a cultura e o lecer crítico.

O Concello de Rivas-Vaciamadrid, gobernado por Esquerda Unida e o PSOE, encartouse ante as presións e as ameazas, negando o uso do espazo previamente acordado para a celebración dun evento cultural e político que tiña entre os seus obxectivos presentar un medio de comunicación alternativo e xuvenil, achegar a causa do pobo saharauí á mocidade e que estaba aberto á participación de organizacións e movementos sociais.

Isto é un inmenso erro político, pois reforza os argumentos da reacción fascista e crea un precedente perigoso para quen defendemos a liberdade de expresión. Esta cesión só consegue reforzar a táctica da difamación e o ruído mediático.

Xa que logo, ante a posición do Concello de Rivas-Vaciamadrid, declaramos:

1. Non aceptamos realizar o Festival baixo censuras e vetos por motivos políticos.

2. Lanzamos unha iniciativa pola liberdade de expresión e contra a represión para o 24 de maio.

3. Chamamos a todos os movementos sociais, políticos e xuvenís a participar desta iniciativa que contará coa presenza e o apoio de Banda Bassotti.

Ímonos coa música e a loita a outra parte. Aínda non sabemos a cal. Seguiremos informando.