Afíliate!!
Tercera Información
Revista Axitación

Formacion

Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

banner apostasia

Resolución sobre a consulta á militancia de IU para a candidatura á Presidencia do Goberno. PDF Imprimir
Xoves, 25 Outubro 2007 17:44


Resolución sobre a consulta á militancia de EU para a candidatura á Presidencia do Goberno

O noso proxecto estratéxico, Esquerda Unida, afronta un proceso decisivo coa elección da candidatura á presidencia do goberno para as próximas eleccións xerais.
Neste proceso, o conxunto da militancia de EU debe ser capaz de valorar politicamente as necesidades máis apremiantes da organización, co fin de conseguir un único obxectivo: recuperar o apoio político e social para o proxecto.

Para acadar este obxectivo, EU necesita un cambio. Un cambio que nos sitúe unha vez máis na estratexia de construír unha alternativa ao neoliberalismo. Que sitúe de novo a EU como espazo de converxencia entre a esquerda política e social. Que posibilite abrir un novo proceso de converxencia política e social programática. Que saque o mellor da organización, da militancia, desde a unidade, a responsabilidade colectiva e a lealdade ao proxecto.

Todo isto vai máis aló dun cambio de caras ou da candidatura á presidencia do goberno. No entanto, esta elección ofrece unha oportunidade inmellorable para lanzar unha mensaxe ao conxunto da militancia, ao conxunto da sociedade, de que EU sabe situarse á altura dos retos que se nos expoñen.


Necesitamos unha candidatura que responda ás necesidades do proxecto e do electorado:

Por representar a pluralidade do proxecto.

Por representar o cambio no proxecto.

Por representar a unidade do proxecto.

Por representar unha opción sólida de face ás eleccións.

Por representar unha opción alternativa e independente de face ás eleccións.


En definitiva, unha candidatura que represente a recuperación do apoio político e social de EU, fronte a fórmulas desgastadas polo seu mal e reiterativo uso, desacreditadas por non conseguir nada nin do que se propuxeron nin do que o proxecto necesita de face á sociedade: cambio, unidade, relanzamento.

A candidatura da compañeira Marga Sanz responde a estas necesidades. Cremos que é unha candidatura que representa todo aquilo que o proxecto necesita para recuperar o noso apoio político e social, de face ás próximas eleccións.


-Unha candidatura plural, demostrable nos seus apoios: xente procedente das tres listas que se presentaron na VIII Asemblea Federal Extraordinaria.

-Unha candidatura do cambio, que supoña o revulsivo que EU necesita para recuperar o seu apoio social.

-Unha candidatura de unidade, avalada pola actuación da compañeira, baseada na constante procura de consensos internos desde a lealdade ao proxecto, a corresponsabilidade e a dirección colectiva.

-Unha candidatura sólida de face ás eleccións, pois ao supor un cambio desde a unidade, a pluralidade e a lealdade ao proxecto, é a única que pode activar e ilusionar a nosa militancia, ás e os votantes de EU.

-Unha candidatura alternativa e independente de face ás eleccións, que remarca o perfil político e programático propio de EU, que aposta decididamente polo proxecto de EU como alternativa ao neoliberalismo, como esquerda anticapitalista.

Por todo iso, a Comisión Política da UJCE acorda apoiar candidatura da compañeira Marga Sanz á presidencia do goberno por Esquerda Unida.

É por tanto, o momento de envorcarse con esta candidatura plural, unitaria, de cambio, de relanzamento. Para recuperar a ilusión, para saír á rúa e recobrar o apoio ao noso proxecto.

Aprobada por unanimidade na Comisión Política da UJCE do 20 de Outubro de 2007.