| 40 Aniversario da caida do Che: Co teu exemplo comunista... nin un paso atrás! |
|
|
| Martes, 09 Outubro 2007 21:56 |
|
Este ano cúmprense corenta anos da caída en combate do comandante Ernesto Guevara da Serna, o Che. ![]() Fronte a ese Che "romántico", quijotesco e sen ideoloxía, co encanto dos heroes caídos precisamente por ser caídos, é necesario recordar ao Che de carne e óso, tal e como foi: revolucionario, patriota latinoamericano, comunista. Loitador infatigable, permanente traballador voluntario, exemplo de entrega, firmeza e coherencia. O Che converteuse en todo un símbolo para os mozos da nosa época. Por iso, é máis urxente e necesario que nunca defender a súa herdanza fronte ao veo da comercialización e a trivialización que o capitalismo impuxo sobre el. A súa valentía, a súa entrega, o seu compañeirismo, o seu sentido do deber, son a mellor herdanza que podemos extraer del. Un exemplo a seguir no noso quefacer constante, na procura da transformación social e do comunismo. A súa vida e a súa acción son o exemplo comunista e revolucionario máis pleno e máis íntegro que existe. O Che pronto se deu conta de que a Revolución era a única vía posible para terminar coas desigualdades sociais en América Latina e no mundo. En coherencia con isto, decidiu embarcarse xunto ao compañeiro Fidel na loita revolucionaria contra a ditadura de Fulgencio Batista, onde xogou un papel decisivo. Logo marchou ao Congo para crear "dous, tres, moitos Vietnam", focos de loita revolucionaria e de resistencia antiimperialista. Finalmente partiu a Bolivia, onde foi covardemente asasinado por militares bolivianos de acordo coa CIA. Coa súa morte, non só perdeuse un gran revolucionario, se non un gran compañeiro e amigo. A súa figura, lonxe de abandonarnos, sigue viva nos nosos corazóns. Sigue viva en todos aqueles e aquelas que cremos na construción dunha sociedade mais xusta, sigue viva en todos aqueles e aquelas que cren nos valores da solidariedade, e do colectivo, que cren no dereito universal á educación e a cultura, na preservación da natureza, na dignidade e soberanía dos pobos. En definitiva, segue vivo nos corazóns de todos aqueles e aquelas que cremos nunha alternativa ao imperialismo, ao neoliberalismo, á explotación do home polo home. |
















