| A XC e ADENCO celebran a Semana Europea da Mobilidade organizando a 1ª Masa Crítica en Ponteareas. |
|
|
| Mércores, 26 Setembro 2007 13:00 |
|
Lamentan os colectivos a falla de iniciativa do Concello de Ponteareas “O transporte e a mobilidade son cuestións cada vez máis importantes na nosa sociedade e que esixen compromisos e vontade política para solucionalos, solución que non pasa por unha única área, se non que precisa dunha involucración total do goberno local”. Os convocantes reclaman un Plan de Mobilidade real e sostible, ao tempo que consensuado cos diferentes sectores implicados, o fomento do uso da bici, instalando aparcamentos para as mesmas, a limitación do uso do automóbil dentro da vila e a ampliación das áreas para os peóns. Falta de iniciativa e información do Concello A pesar de informar ao Concello da celebración da Semana Europea da Mobilidade, o goberno local non ten previsto realizar ningunha actividade nen contestou ao escrito presentado. Así e doutro lado, o Plan de Mobilidade do Concello non se nos amosou aínda, a pesar de solicitalo por escrito, nen foi consensuado con colectivo algún. |













