Noticias

A Xuventude Comunista ante o 17 de maio: Dia Internacional Contra a LGTBI-fobia

Imprimir
PDF

Este 17 de maio, a Xuventude Comunista quere lembrar que hai moitas lesbianas, maricas, bisexuais, trans e intersex que seguen sufrindo a violencia do sistema capitalista e heteropatriarcal e que están a pagar coas súas vidas a crise que non causaron. A precariedade laboral, as reformas laborais, as agresións na noite e nas rúas ou as terapias do test da vida real ,forman un conxunto de violencias das que só se pode concluír que é necesaria unha transformación social profunda que desmantele a orde heteropatriarcal que converte ás persoas LGTBI en chibos expiatorios tapando quen son os verdadeiros culpables da crise, a precariedade e a pobreza .

Ler máis...

Chamamento do PCG e da XC no 40 aniversario das folgas obreiras de marzo de 1972

Imprimir
PDF

CORENTA ANIVERSARIO DAS LOITAS OBREIRAS DE BAZÁN. Hai 40 anos a clase obreira de Ferrol loitou e sufriu a violencia mortal do franquismo. A cidade viviu en loita a declaración do estado de excepción ante as loitas obreiras e populares.Contou daquela coa solidariedade fraternal da cidade, do país ( coas loitas de Vigo ) e de moitos traballadores no Estado. Logo de 40 anos tornamos a vivir en loita o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, nunha situación de excepción producida polo Golpe de Estado laboral do PP, que tenta rematar cos fráxiles dereitos que as sucesivas contrarreformas laborais teñen castigado á clase traballadora.

Ler máis...

Polos dereitos das mulleres, NIN UN PASO ATRÁS!

Imprimir
PDF

Un ano máis chegamos ao 8 de marzo nun contexto de crise económica que pon en xaque os dereitos das mulleres. Un ano máis no que miles de mulleres sairemos ás rúas a gritar que non estamos dispostas a retroceder nin un paso atrás nos nosos dereitos conquistados, na defensa dos nosos corpos como propios, e na loita feminista.

Ler máis...

Celebrada a I Escola de Estudantes en Galiza

Imprimir
PDF

Os pasados días 24, 25 e 26 de febreiro a Xuventude Comunista celebrou na cidade de Ourense a I Escola Nacional de Estudantes, que contou cunha nutrida participación das e dos camaradas da organización.

Ler máis...