Quen somos?

Imprimir
PDF
A Xuventude Comunista é a organización xuvenil do Partido Comunista da Galiza (PCG). Independente en canto ao organizativo e autónoma no político, a Xuventude Comunista considérase unha organización-escola de comunistas, de cadros, de activistas capaces de levar a bon fin a extensión da loita ideolóxica, política e económica pola superación do sistema capitalista e as súas contradicións.

En función dos nosos Estatutos...

A Xuventude Comunista é unha organización de mozos e mozas, democrática, internacionalista, laica, revolucionaria e republicana que loita polos intereses da clase obreira a súa mocidade, formada por e polos mozos e mozas comunistas residentes na Galiza.

A nosa organización basea a súa teoría e práctica no materialismo histórico e dialéctico e no socialismo científico, tendo coma principios o internacionalismo proletario, a loita contra o capitalismo, o imperialismo, o patriarcado e a explotación da clase traballadora, así coma o dereito de autodeterminación dos pobos, a preservación da natureza, a fin do fascismo, a xenofobia, a homofobia e cualquera das inxustizas do xénero humano, e como base ideolóxica o marxismo-leninismo e as aportacións dos movementos de liberación e dos procesos revolucionarios que contribuiron ao progreso da humanidade.

Por que loitamos?

A Xuventude Comunista confórmase de mozos e mozas de entre 14 e 30 anos. Persoas que non vivimos a transición, non votamos a Constitución nei presenciamos a sinatura dos pactos da Moncloa e que, por iso, temos como asignatura pendente a rutura democrática. Cremos que é o momento de esixir o noso papel na historia, de loitar a contra a supremacía que o poder económico, monopolios, oligopolios, grandes empresas, bancos, multinacionais... exercen sobor do conxunto da humanidade. É hora de afondar, de apostar pola radicalidade democrática, pola construción dunha Terceira República que se constrúa en torno á Democracia Participativa, a Autodeterminación dos pobos e nacións que constitúen o Estado Español, o Emprego Digno, a Dignidade, a Paz e a Liberdade que o sistema nos nega.

Cremos que a loita por unha vida digna constrúese en base a espazos de socialización, participación ceibe e directa, xustiza, reparto do traballo e a riqueza, valores de solidariedade e do colectivo, propiedade social, traballo digno e ocio creador, educación digna, creación artística e cultural, defensa da natureza e da paz e igualdade entre pobos.

Construindo clase

Atopámonos ante un contexto global onde os cambios operados social, política, ideolóxica e económicamente viron reforzar a violencia imperialista e a situación de dominación sobre o conxunto da clase traballadora: mulleres e homes, nativos e inmigrantes, explotados excluidos, traballadores manuais e intelectuais, parados, estudantes, indefinidos, fixos, discontinuos, temporais, eventuais, bolseiros, mozas, mozas e maiores... Ante isto, plantexamos a loita pola democracia participativa como sustitución do modelo neoliberal como primeiro paso cara a construción do socialismo, que leve ás clases populares, pola vía de reconquistar dereitos e liberdades arrebatados, a asumir a súa tarefa de superación do sistema capitalista.

O neoliberalismo supón un recorte de dereitos e liberdades fundamentais ás persoas explotadas, excluidas, e unha negación das súas posibilidades de libre e directa participación na reorganización e o progreso da sociedade. Por iso, apostamos por unha democracia participativa, non no sentido laxo de capacidade para decidir sobre unha parte dos orzamentos municipais, senón coma fórmula aglutinadora de reconstrución da conciencia de clase, de organización do poder popular e de creación dunha alternativa acorde coa dignidade das persoas, algo completamente imposíbel de erixir se non é entrando nunha loita aberta en contra dos fundamentos do capitalismo.

A ampliación da democracia participativa e a constitución de centros de poder alternativos aos dos Estados do capital, a participación democrática da sociedad na súa propia organización, en directa rivalidade có poder económico, é un aspecto fundamental no camiño da construción do comunismo.