Afíliate!!
Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Tercera Información
Comunicado en apoio ás reivindicacións do sector do metal na provincia de Pontevedra.

Ante a actitude descarada da patronal, a súa sistemática negativa a cumplir o convenio asinado o ano pasado, e ante o actitudepasiva das institucións, a Xuventude Comunista non pode senon expresar:

  • A nosa solidariedade e total apoio con os traballadores e traballadoras en loita contra a precariedade e polo cumplimento dos seus convenios.

  • Esiximos o cumplimento do convenio asinado o pasado ano, que implica a contratación indefinida de alomenos o 45% dos traballadores e traballadoras en plantilla, e denuncia concretamente a empresa Monesa, do grupo Nervión, que se nega a cumplir dito convenio,

  • A nosa repulsa ás actitudes da patronal, que se nega sistematicamente a negociar coas forzas sindicais, e a nosa esperanza de que coa mobilización obriguemos á patronal a sentarse a negociar e a forzar o cumplimento dos convenios.

 




  • Esiximos a intermediación das institucións públicas, a Consellaría da Industria e o ministerio de traballo, que deben velar polos intereses dos traballadores e traballadoras e non polos intereses da patronal, en concreto que o ministro Caldera responde á pregunta plantexada por EU no Congreso

  • Condeamos absolutamente a actitude do Concello de Vigo e da súa alcaldesa, que no canto de apoiar o que é de lei, o cumplimento dos convenios provinciais, despreza, terxiversa, minte e manipula a loita dos traballadores e traballadoras polos seus dereitos.

  • Animamos a todos os traballadores e traballadoras, non só deste provincia nin deste sector, senon aos de todo o Estado que se organicen polos seus dereitos.

SOLIDARIEDADE CON O NAVAL PONTEVEDRÉS


POLO CUMPLIMENTO DOS CONVENIOS


CON PRECARIEDADE NON HAI DEMOCRACIA


VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA