| Pola Terceira República. Pola Democracia Participativa. Contra a precariedade. |
|
![]()
A precariedade é actualmente o principal problema da xuventude. Este problema manifiéstase no emprego, no ensino, na vivenda ou no lecer. Nos últimos meses, vemos como o problema vai empeorando: as condicións de vida, de traballo e de estudo da xuventude deterióranse cada vez máis. A causa é a crise económica que se achega: a suba de prezos, a carestía da vida. O modelo neoliberal de especulación aberta, precariedade, explotación e exclusión fracasa á hora de dar unha vida digna á mocidade. Destrúe os nosos dereitos sociais. Se queremos resolver o problema da precariedade, se queremos superar o consenso neoliberal, temos que dotarnos dun marco político novo. O neoliberalismo e o marco constitucional non teñen nada que ofrecer á mocidade máis que precariedade e exclusión. Só fora do marco constitucional e do modelo neoliberal poderemos superar a precariedade. Construír un modelo plenamente democrático, onde a coroa e o capital financeiro non se acubillen mutuamente, onde podamos exercer os nosos dereitos sociais, onde podamos participar nas decisións que nos afectan directamente. E iso significa loitar pola Terceira República con Democracia Participativa como alternativa fronte ao neoliberalismo e a precariedade |




