|
A Visión da Muller na Sociedade (Acto en Compostela) |
|
A Xuventude Comunista con motivo do 8 de Marzo (Día Internacional da Muller Traballadora) realizará en Santiago de Compostela un acto consistente na proxección do filme "Las Mujeres de verdad tienen curvas" seguido por unha charla/coloquio na que participarán Pilar Seoane (Membro da Comisión Executiva Nacional de CC.OO.) e Marta Mosquera (Responsable da Área de Muller de Esquerda Unida en Santiago). O acto terá lugar o vindeiro xoves 11 de Marzo ás 17:30 h. no Salón de Grados da Facultade de Políticas. |
|
Proxección de "The Corporation" en Ferrol |
|
A Xuventude Comunista proxectará este xoves 25 de Febreiro en Ferrol o documental "The Corporation" dirixido por Mark Achbar e Jennifer Abbot. No documental analízase como as corporacións pasaron a ser de pequenas empresas privadas sen maior importancia a unha presencia viva, dramática e persuasiva en todas as nosas vidas, do mesmo xeito que o foron a Igrexa ou a Monarquía noutros tempos. A proxección terá lugar no Ateneo Ferrolán ás 19:00 h. e irá seguida dun debate entre os asistentes. |
|
Esquerda Unida rexeita o decretazo lingüístico do PP |
|
Esquerda Unida denuncia que o decreto contra o galego supón un ataque político sen precedentes sobre o noso idioma. Elaborado de costas a sociedade galega e a comunidade educativa, o Goberno da Xunta de Galicia aprobouno con premeditación e nocturnidade en plenas festas do Nadal para evitar a contestación da comunidade educativa.
EU considera que o “decretazo lingüístico” esnaquiza o consenso acadado durante toda a historia do autogoberno galego, levado acabo a través da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística e mailo Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado en setembro de 2004, sendo Vicepresidente da Xunta o propio Feijóo.
|
|
Ler máis...
|
|
O Plan Bolonia explicado polo decano Juan Carlos Mejuto (Universidade de Vigo) |
|
Concerto por unha Cultura Libre en Compostela |
|
Acto sobre Violencia de Xénero en Ponteareas |
|
A Xuventude Comunista participa, xunto con Esquerda Unida e o Partido Comunista de Galicia, nun acto realizado en Ponteareas co motivo do día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. O acto foi presentado por unha camarada da Xuventude Comunista. En canto a poñencia, debido a problemas maiores, foi sustituído por Mari Luz Miset y Estela; ambas pertecentes ao Colectivo Violeta, á Marcha Mundial das Mulleres e á Esquerda Unida. Ademais Estela tamén é militante da Xuventude Comunista. A temática abordaba os malos tratos ás mulleres tanto físicos como psicolóxicos dende a súa perspectiva máis coñecida pero tamén dende a súa visión máis amplia, onde se fixo unha análise sobre a responsabilidade dos medios na perpetuación deses valores nas xeracións máis novas. Dobremente explotadas, dobremente revolucionarias! |
|
|
|