Historia

Imprimir
PDF

O 14 de Novembro de 1921, uníronse os dous partidos comunistas, o Partido Comunista Español e o Partido Comunista Obreiro de España, dando lugar ao Partido Comunista de España (PCE). Este mesmo mes, as duas organizacións de mozos/as comunistas fusionáronse, sementando os cimentos da “Unión de Juventudes Comunistas de España” (UJCE). Desde 1921 até a asinatura da unificación coa Federación de Xuventudes Socialistas (FSJ) en marzo de 1936, a UJCE atravesa dous períodos importantes, o da ditadura de Primo de Rivera e o da República. Os anos da ditadura son anos de persecución e clandestinidade, e dun proceso de constante absorción de cadros dirixentes por parte do Partido, que non paraba de sufrir baixas por mor dos encarcelamentos. Coa chegada da República (14 Abril de 1931), a UJCE incrementa notablemente a súa afiliación, así como a súa influencia social e capacidade de movilización, a principal loita da UJCE durante este período é a loita antifascista.

Pese ás acusacións mutuas que se lanzan nos seus respectivos congresos, na primavera de 1934, as bases das Xuventudes Comunistas e Socialistas continúan realizando accións conxuntas, que se incrementan no período da insurrección asturiana e posteriormente na loita contra a represión e pola amnistía dos/as presos/as políticos. Tras entrevistarse coa dirección da Internacional Xuvenil Comunista en Moscova, as delegacións da UJCE e da FSJ asinan alí o 5 de Marzo de 1936, a fusión de ambas organizacións. Este mesmo mes reúnense en Madrid os máximos órganos de dirección de ambas organizacións e nomean unha Comisión Nacional de Unificación encargada de organizar o Congreso estatal de unidade. Dito congreso non chegou a celebrarse por causa do comezo da guerra, fixárase para o 5 e o 6 de Agosto de 1936. Nembargantes si que se celebraron congresos de unificación nalgunhas Rexións e provincias.

A Xuventude Socialista Unificada (JSU) tiña 140.000 militantes ao inicio da guerra civil. Ao longo de ésta demostrouse a súa efectividade bélica e organizativa. O Comité nacional da JSU celebrado en Valencia en maio de 1937 tivo que debater as posicións maximalistas e esquerdistas dun sector socialista da organización que rexeitaba a política da JSU en prol da súa "pureza marxista", e que reivindicaba, nembargantes, a dependencia política ao PSOE. Non embargante a JSU mantívose até o final da guerra na táctica marcada polo VI Congreso da Internacional Xuvenil Comunista, tentando aglutinar baixo as suás fileiras a tódolos sectores da mocidade que quixese defender a República. rematada a guerra moitos/as xoves da JSU resultaron feitos prisioneiros. Coñecido é o episodio das Trece Rosas, trece mozas da JSU, a máis nova non tería 17 anos, que foron condenadas a morte e fusiladas o 5 de Agosto de 1939. Durante a loita contra o nazi-fascismo en Europa os militantes da JSU xogan tamén un papel destacado nela. Símbolo da heroicidade dos/as xoves da JSU nesa loita é Ruben Ruíz Ibarruri, fillo de Dolores Ibarruri, caído na defensa de Stalingrado.A JSU celebrou duas conferencias en Francia, nos anos 1946 e 1947. En ambas púxose de manifesto a vocación da JSU por impulsar a unidade con outras organizacións xuveniles, e reconstruir a unidade coa que combateron ao fascismo na España durante 32 meses. En 1961 o pleno do Comité Central do PCE acorda a reconstrución da Unión de “Juventudes Comunistas de España”.

Até a democracia burguesa, a nosa UJCE pasa un período de reorganización, até que en 1978 celébrase en Madrid o I Congreso na legalidade. A principios dos anos 80 a principal campaña é a loita contra a entrada na OTAN e en favor dun referendo. A raiz dos excelentes resultados da campaña ANTI-OTAN realizada por diversas organizacións por todo o Estado, nace Esquerda Unida como coalición destas en 1986. No IV Congreso federal, a UJCE aproba o compromiso dos/as xoves comunistas con esta ilusionante coalición de forzas de esquerda. O muro de Berlín é derribado en 1989, pero para sorpresa de moitos non desaparecen as desigualdades, as inxustizas, a fame, a pobreza, as guerras, o terrorismo,... xa que a sociedade capitalista expándese e se empeza a descubrir a súa cara máis sanguenta. A loita pola liberdade e o comunismo continúa.

En 1991 posturas no seno da nosa organización propoñen a súa disolución tanto do Partido como das Xuventudes. Tempo máis tarde, tras a rotundidade do seu fracaso, deciden abandonarnos e liscar ao PSOE. En 1993 celébrase en Madrid baixo o lema: " Coa forza da xuventude temos a alternativa. ¡Non te deixes pisar!" o VI Congreso da UJCE donde tras o debate do V Congreso sae fortalecida, declarándose a UJCE marxista-leninista. Neste comezo do século XXI as inxustizas son cada vez máis claras, e semella que no canto de avanzar esteamos retrocedendo hacia o século XIX, unha vez desaparecido o bloque soviético, o imperialismo ianqui non ten medo a facer as atrocidades máis grandes, e actos terroristas coma o das torres xemelgas de Nova York, sérvelles de coartada para facer retroceder as liberdades e dereitos que tanto costou gañar poa clase obreira ao longo de todo o século XX. As continuas crises económicas, a globalización que asasina a tres cuartas partes do globo, as guerras que provocan,... fan que a resposta contra este sistema sexa case obligatoria. Pero non todo é malo, as manifestacións contra a guerra no lugar onde se erguían antes as torres xemelgas, as protestas contra a globalización, as vitorias da clase obreira como a de SINTEL, a resistencia de pobos coma o cubano, non fai máis que demostrar que as ideas socialistas son hoxe máis que nunca necesarias, asi que a UJCE debe seguir sendo un referente da mocidade tanto obreira coma estudiantil dende a que decidir políticas que melloren as condicións de vida da nosa clase. Xa van 80 años de loitaa contra o capitalismo, e algo fica claro: somos incombustíbeis.