As prácticas de FP

Imprimir
PDF

 As FCT (Formación en Centros de Traballo), coñecidas como as prácticas de FP, son empregadas polas empresas para contar con man de obra gratuíta que se renove cada ano. Cómpre lembrar que non só as prácticas non están remuneradas, senón que as estudantes non están aseguradas pola empresa. Isto dá lugar a que as obreiras da empresa vaian temporalmente para a casa e o traballo lle saia totalmente gratuíto ao patrón. Mudar esta situación non é doado: a actual lei educativa impide que existan espazos aos que a mocidade poidan levar as súas reivindicacións. Estas demandas pasan por unha mellora nas condicións dos diferentes convenios entre o centro e as empresas ou máis bolsas para que as estudantes poidan realizar as prácticas, tendo en conta os desprazamentos e os gastos derivados de acudir ao centro de traballo; con todo, a demanda principal segue a ser a remuneración do seu traballo. Por iso, precisamos que exista un estudantado consciente e organizado que loite por conquistar todos estes dereitos.

As seguitnes respostas son as dun estudante na actualidade de FP en Ourense, Martín González sobre aspectos que consideramos interesantes coñecer.


En que condicións se desenvolven hoxe as prácticas laborais na túa FP?

As prácticas da FP, chamadas FCT (Formación en Centros de Traballo) son actualmente un método para as empresas para ter man de obra gratuita, a cal, renóvase todos os anos. Estas prácticas non son remuneradas, pero o que máis choca é que as estudantes nin se quera estamos aseguradas pola propia empresa, é dicir, a efectos legais non se traballa, síguese a estudar, o cal non é de todo certo, xa que aínda que é o periodo formativo na empresa (parte fundamental da Formación Profesional), esta aproveita aos estudantes para dar vacacións ao resto de obreiros ou non ter que pagar nada sen máis. 

Ademáis, cómpre resaltar que as empresas fan convenios directamente co centro, o que sen dúbida ten efectos negativos nas estudantes cando existen direccións cheas de corrupción.

 

Cres que a mocidade que estuda FPs ten algunha oportunidade de demandar melloras nas condicións en que desenvolve as súas prácticas?

Tales e como son os órganos de gobernanza dos centros e no actual marco da lei educativa é imposible contar con espazos onde de verdade poidamos levar as nosas demandas. Precisamente por esto precisamos que haxa un estudantado consciente e organizado que loite por conseguir prácticas remuneradas e unha mellora da calidade de estudo/prácticas.

 

Cales son as principais demandas das estudantes de FP neste eido?

Unha mellora das condicións dos diferentes convenios para as prácticas, así como máis bolsas á hora de facer as FCT, xa que moitas estudantes teñen que desprazarse ou ir vivir a outro sitio e actualmente a Xunta dá unhas bolsas que non chegan a nada. Pero a principal demanda neste aspecto sen dúbida é a remuneración das prácticas.

 

Consideras que os sindicatos están a desenvolver algún tipo de actividade no relativo aos contratos de prácticas e aos dereitos laborais que lles corresponden?

Sei que non de primeira man.