Primeira valoracion das eleccions do 25S

Imprimir
PDF

Valoración das eleccións autonómicas do 25S


Os resultados das autonómicas do 25S amonsan a capacidade do réxime para manterse. O PP sae fortalecido destas eleccións, tanto a nivel nacional como a nivel estatal, deixándoo nunha posición cada vez máis favorable no marco da crise de gobernabilidade. Mentreas, os resultados de En Marea, o proceso polo cal apostamos as mozas comunistas galegas, amosan que, pese a ser a alternativa ao réxime en Galiza, están lonxe de poder plantexarlle cara ao PP.

O Réxime sae fortalecido pero non vencedor. As contradiccións do mesmo seguen presentes e, como mozas comunistas, non podemos caer no pesimismo xa que o noso obxectivo segue e seguirá sendo conquistar as rúas, crear poder popular. Este poder popular é indispensable a hora de construír unha verdadeira alternativa ao réxime e ao sistema, por iso temos que continuar traballando sabendo que as institucións de por si non son suficientes, que precisamos unha base social mobilizada para rachar co Réxime.


É, sobre a creación do poder popular, onde debemos ser máis autocríticas. Se ben é necesario parabenizar os avances que supuxo o proceso de En Marea superando gran parte dos erros acontecidos nas pasadas eleccións, non fomos capaces de xerar neste proceso unha maior base social. Temos que ser quen de facer que estes espazos de unidade popular den paso ao poder popular, é dicir, que as clases populares se empoderen para pórlle fin ás problemáticas que este sistema inxusto nos fai afrontar no noso día a día.


Precisamos aumentar a base social en torno a redes veciñais capaces de desarticular as redes actualmente en mans do PP, debemos ser capaces de darlles voz e o noso apoio a aqueles sectores nun conflicto por mellores condicións nos seus postos de traballo ou ás estudantes que loitan por unha educación á altura do futuro que queremos. Se xa construímos a marea, agora toca reactivar as ondlas. Facer que cada ondla sexa unha loita batendo contra as fendas dun sistema que loita por recompoñerse.


Por isto, non hai lugar para o pesimismo. Para enfrontarnos ao sistema dao Réxime precisámonos máis fortes e intelixentes que nunca nos nosos centros de traballo, de estudo e nos nosos barrios dende onde reactivar o conflicto e construír a alternativa.