Revista Axitación

Afíliate!!
Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Tercera Información
Xuventude Comunista Galega
Manifestación do Primeiro de Maio PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Venres, 30 Abril 2010 18:03

1maio2010

 

 

A Xuventude Comunista denuncia a política reaccionaria que está a levar a cabo o Goberno do PSOE  da que sae claramente beneficiada a patronal e que deixa nunha situación moi precaria á clase traballadora. O goberno favorécelles a eles e á oligarquía financieira á que representa con actuacións lamentables como a entrega de millóns de euros do erario público a empresas e grandes construtoras en concepto de contratas para infraestructuras. O chamado Plan E, sinónimo de subcontratación, contratos lixo e precariedade. O goberno financia ás empresas que fan negocio da precariedade, converténdose en cómplice da situación.

 

Segue aumentando a lacra do paro, superando os 4 millóns e medio, e o goberno aínda non elaborou un plan estratéxico para reducir esas cifras, encamiñado a mellorar as condicións laboráis a través da ampliación e mellora do sector público, garantindo o acceso de todas e todos ao traballo.

Fronte a esta grave situación, ¿qué solución nos dan? Abaratar o despedimento mediante unha reforma laboral que, lonxe de dar resposta, profunda no problema, perxudicando gravemente á clase traballadora.

A Xuventude Comunista aposta pola mellora das condicións de traballo mediante o fortalecemento do sector público e a xornada de 35 horas sen reducción salarial. É necesaria a construción dunha conciencia crítica da situación: a única alternativa a este roubo a man armada é a mobilización.

Hoxe máis que nunca debemos entender que non podemos expor alternativas desde unha posición de debilidade. Ante as tentativas do capital de desmantelar todos e cada un dos logros que a clase obreira alcanzou ao prezo do seu propio sangue, debemos opor nosa mellor arma: a Folga Xeral. É hora de pasar á ofensiva.

¡Polos dereitos da clase traballadora é en defensa do público¡

¡Maniféstate este primeiro de Maio!

¡Máis de 4 millóns de pasados, unha solución: LOITA!

 

 

Manifestación do Primeiro de Maio en Galiza:

■ A Coruña. Manifestación con saída da Praza da Palloza ás 12 horas. 

■ Ferrol. Manifestación con saída da Praza do Inferniño ás 12 horas .

■ Santiago de Compostela. Manifestación con saída da Praza de Cervantes ás 12 horas. Posteriormente, xantar de confraternización de CCOO.

■ Lugo. Manifestación con saída do Edificio de Sindicatos ás 12 horas. Posteriormente, xantar de confraternización de CCOO.

■ Viveiro. Manifestación con saída do Edificio de Sindicatos ás 12 horas. Posteriormente, xantar de confraternización de CCOO.

■ Ourense. Manifestación con saída do Pavillón dos Remedios ás 12:30 horas.

■ Pontevedra. Manifestación con saída da Praza da Ferreiría ás 12 horas.

■ Arousa. Manifestación con da Praza da Ravella 12 horas. Posteriormente, xantar de confraternización de CCOO.

■ Vigo (acto central de Galicia). Manifestación con saída do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz ás 11:30.

 

 

 

 

 

Última actualizaciónfeita en Venres, 30 Abril 2010 18:15
 
Paremos a farsa "informativa" contra Cuba (Manifestación) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Mércores, 14 Abril 2010 16:21
 
 
 


Manifestacion Cuba




     A Xuventude Comunista invítavos a participar este vindeiro Domingo 18 de Abril na manifestación de solidaridade con Cuba convocada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil en contra da farsa "informativa" que se está a desenvolver e en apoio a Revolución Cubana. A manifestación sairá as 12:30 da mañá dende a Alameda en Santiago de Compostela.
 
Última actualizaciónfeita en Mércores, 14 Abril 2010 16:30
Ler máis...
 
XI Congreso da UJCE PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Venres, 09 Abril 2010 05:51
Última actualizaciónfeita en Martes, 13 Abril 2010 17:39
 
Festa Republicana en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Martes, 13 Abril 2010 17:31
 
 


Festa Republicana Compostela




    A Xuventude Comunista realizará este vindeiro mércores 14 de Abril en Santiago de Compostela unha festa con motivo da conmemoración da proclamación de II República . A festa terá lugar no Cum Laudae (Rúa da Conga, 5) a partir das 00:30 h.

Última actualizaciónfeita en Martes, 13 Abril 2010 17:40
 
A Visión da Muller na Sociedade (Acto en Compostela) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Martes, 09 Marzo 2010 18:45
 
 
 

Acto Muller Compostela





 A Xuventude Comunista con motivo do 8 de Marzo (Día Internacional da Muller Traballadora) realizará en Santiago de Compostela un acto consistente na proxección do filme "Las Mujeres de verdad tienen curvas" seguido por unha charla/coloquio na que participarán Pilar Seoane (Membro da Comisión Executiva Nacional de CC.OO.) e Marta Mosquera (Responsable da Área de Muller de Esquerda Unida en Santiago). O acto terá lugar o vindeiro xoves 11 de Marzo ás 17:30 h. no Salón de Grados da Facultade de Políticas.
 
 
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL