Revista Axitación

Afíliate!!
Caixa de Ferramentas

Caja de Herramientas de la UJCE

Tercera Información
Xuventude Comunista Galega
Perante as mobilizacións polo desmantelamento da planta de gas da Ría de Ferrol. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Xoves, 05 Xuño 2008 22:32

 


 A Agrupación comarcal da Coruña do Partido Comunista e a Xuventude Comunista queren expresar o seu apoio a todalas mobilizacións polo desmantelamento da planta de gas da Ría de Ferrol.

O enpechamento do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol estes días responde a unha decisión maioritaria entre os e as veciñas ferrolás. Os ferroláns e as ferrolanas teñen dereito a decidir sobre o seu entorno, e máis nun asunto de tanta importancia como o é a Planta de Gas.

 

Última actualizaciónfeita en Xoves, 05 Xuño 2008 22:35
Ler máis...
 
Contra a ilegalización da Xuventude Comunista Checa. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Mércores, 04 Xuño 2008 01:00
 

 

Fai dous anos o goberno checo decidiu ilegalizar a Unión de Xuventudes Comunistas (KSM) e todas as súas actividades. Agora queren ir máis aló, pondo á KSM fóra da lei.

Ésta é unha medida antidemocrática que condena a unha organización xuvenil pola súa loita por un mundo xustos e pacífico, en oposición aos intereses dos poderes económicos e o militarismo do goberno checo, á beira da Unión Europea.

Esta medida enmárcase na actual política do imperialismo que busca perseguir a todas e todos as e os que loitan na súa contra, sucedendo feitos similares a este en todo o mundo, por que o imperialismo sabe que necesita destruír os dereitos democráticos para minar a forza e o futuro da mocidade e os pobos.

Última actualizaciónfeita en Mércores, 04 Xuño 2008 01:02
Ler máis...
 
Até sempre comandante Tirofijo. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Mércores, 28 Maio 2008 23:17

 

 

 

Fai uns días abandonábanos o Comandante Manuel Marulanda, "Tirofijo". Aquel a quen a oligarquía e o imperialismo deran por morto en decenas de ocasións, morreu de morte natural, rodeado polos seus camaradas.

Manuel Marulanda déixanos en momentos difíciles para os procesos de loita e de cambio que vive a patria de Bolívar, sometidos a un constante acoso mediático, político e militar por parte do imperialismo e das oligarquías locais. Este acoso ten a súa máxima expresión nas políticas que o fascista Álvaro Uribe aplica en Colombia, baixos as ordes da Casabranca contra as forzas populares, políticas, sindicais, sociais e guerrilleiras.

Ler máis...
 
Con motivo do abandono o que o concello somete as persoas máis desamparadas de Ponteareas. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Domingo, 01 Xuño 2008 16:09

    Con motivo do abandono o que o concello somete as persoas máis desamparadas de Ponteareas, a XC (Xuventude Comunista) contactou con colectivos de discapacitados , os que nos puxeron o día da situación que viven, tras coñecer esta situación decidimos actuar, e tras varias xuntanzas cos colectivos, dende a XC propuxemos o comezo dunha campaña de acción civil, que se compuña de dous puntos fundamentais, o primeiro era a difusión publica desta situación ,e o segundo a reclamación publica dos dereitos sociais que lle pertencen as persoas discapacitadas e dependentes de Ponteareas,xa que pola vía administrativa o concello non atende as peticións dos discapacitados nin das súas familias.

Última actualizaciónfeita en Domingo, 01 Xuño 2008 16:11
Ler máis...
 
Contra os centros de internamento de inmigrantes, polos dereitos de todos e todas. PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Mércores, 28 Maio 2008 23:13
Resolución da Comisión Política da XC

Contra os Centros de Internamento de Emigrantes, polos dereitos de todas e todos

Na Unión Europea existen 174 Centro de Internamento de Emigrantes, 10 deles situados en España xestionados polo Ministerio de Interior. Estes Centros non son máis que cárceres ata hai pouco secretas e ilegais, que disfrazan como "internamento" o que só pode ser cualificado como detención ilegal, sen cargos, sen xuízo, sen garantías e sen ningún tipo de dereitos. Tras esta reclusión ilegal, que en España pode alongarse durante 40 días, as e os migrantes son expulsados, ao que eufemisticamente as institucións burguesas denominan "repatriación".

Estes cárceres encubertos son unha das máis horribles consecuencias das políticas de estranxeiría levadas a cabo tanto pola Unión Europea, como por España, baseadas na negación de dereitos, na promoción de discursos xenófobos e racistas e na exclusión social, política e económica dos miles de traballadores e traballadoras migrantes, que son entre outras cousas, quen están sostendo a economía dalgúns países, especialmente de España.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL